A Deputación de Pontevedra convoca os II Premios ás Boas Prácticas en Igualdade

28 Xullo 2025

Deputación de Pontevedra lanza a segunda edición dos Premios Ás Boas Prácticas en Igualdade, unha iniciativa que busca recoñer a personas e colectivos que marcan a diferenza e están a procurar avances reais en materia de Igualdade e contra a violencia machista.

Enténdese por boas prácticas aquelas cuxos resultados fosen capaces de reducir as situacións de discriminación e tivesen efectos positivos, favorecendo a igualdade entre mulleres e homes e a eliminación da violencia de xénero.

Ata o 1 de outubro poden rexistrarse candidaturas nas catro modalidades que distinguen os galardóns, ademais de permitirse a proposta de distincións honoríficas no caso de traxectorias realmente relevantes na materia.

Haberá unha dotación económica de catro mil (4.000,00) euros por modalidade. En cada unha delas haberá un primeiro premio de tres mil (3.000,00) euros e un accésit de mil (1.000,00) euros.

Toda a información e bases en depo.gal

Está pasando!