A Deputación de Pontevedra fixou como prioridade mellorar a calidade de vida na provincia e promover hábitos de vida saudables entre a poboación para garantir o seu benestar

20 Maio 2022

  • Un óptimo estado de saúde é esencial para o desenvolvemento sostible e a implantación da Axenda 2030 de Nacións Unidas no territorio. Por este motivo, a Administración provincial está decidida a actuar na prevención de enfermidades e na promoción da saúde individual e colectiva en contornos saudables
  • Unha mobilidade máis sustentable, o consumo de produtos de proximidade e a práctica de exercicio de forma regular son tres eixes fundamentais nos que traballa este Goberno para garantirlle unha vida sa ao conxunto da poboación
  • Non importa a idade nin é necesario estar nun excelente estado de forma para manter un estilo de vida saudable

‘Na casa non quedo’ é o lema co que se quere animar a cidadanía pontevedresa a abandonar hábitos nocivos e a poñerse en marcha ocupando o espazo público a pé e gozando dunha forma continuada de formidables parques, xardíns, bosques, praias e serras. Distribuiranse camisetas e chalecos rotulados con este lema entre as persoas participantes nas distintas actividades organizadas ao aire libre.

O Goberno provincial está comprometido coa promoción da saúde e poncho fácil para realizar actividade física en contacto coa natureza.

Xa sabes, este ano ‘na casa non quedo’. Infórmate sobre:

  • Depo andainas: camiñadas destinadas a que o público coñeza a natureza e os lugares máis emblemáticos da provincia á vez que se exercita.
  • DepoRutas BTT: cinco saídas ao ano e un máximo de 300 participantes en cada unha. Este ano chegarán á Ruta BTT da Vía Verde (Vilagarcía de Arousa), á Ruta BTT Lamprea do Río Miño (Arbo) e á Ruta BTT Serra do Candán (Forcarei).
  • Rutas literarias e rutas de arquitectura:
    • Literarias: percorridos polos concellos da provincia guiados por autoras e autores galegos de novela, poesía e teatro:os xéneros literarios levados a escenarios reais.
    • De arquitectura: percorridos por varias comarcas da provincia guiados por profesionais para compartir experiencias e coñecementos a través dos edificios e das construcións máis senlleiras.
  • Depo auga: naceu o pasado ano como experiencia única de pádel surf e caiac, e nesta edición estenderase ata As Neves, á illa de Tambo (Poio), ás salinas do Ulló (Vilaboa), e á Illa de Arousa.
  • Deporienta: actividade de orientación na natureza que neste 2022 percorrerá os concellos de Cambados, Cuntis e Tui.
  • Bosques terapéuticos: esta actividade na terapia de shinrin ioku ou baño de bosque, técnica orixinaria do Xapón que consiste en se internar na natureza para relaxar a mente e reducir o nivel de tensión.
  • Voando nas Rías Baixas: rutas ornitolóxicas que teñen unha dobre finalidade; concienciar a poboación sobre a conservación dos recursos naturais e achegarlle á cidadanía pontevedresa unha actividade turística diferente.
Está pasando!