A Deputación de Pontevedra pon en marcha ‘Depocrea’, o programa de residencias artísticas deste outono no Náutico de San Vicente

12 Setembro 2022

#DEPOCREA é un programa de residencias artísticas vencelladas ao territorio da Deputación de Pontevedra, desenvolvido en colaboración co Náutico de San Vicente, que promove espazos diferenciais para a creación contemporánea nunha contorna única que aposta polo sostible e polo próximo, onde natureza, cultura e cidadanía se mesturan en perfecta simbiose.

Con artistas de todas as disciplinas, esta residencia compartida pretende ser un laboratorio creativo, onde creadoras e creadores interactúen entre si e coa contorna máis inmediata, mentres desenvolven os seus proxectos de pintura, escultura, debuxo, instalación, vídeo ou fotografía.

A institución provincial subvencionará estas estancias con bolsas de 2.500 euros que chegarán a seis artistas visuais de calquera disciplina mediante unha convocatoria “aberta e pública”, cuxo prazo de inscrición comezou o luns 5 de setembro a través da sede electrónica ou do rexistro da Deputación.

As persoas que queiran optar a unha destas bolsas deberán presentar proxectos “site-specific”, entre os que terán preferencia “as propostas que se acheguen ao patrimonio da contorna ou avoguen por reivindicar valores como a sustentabilidade, a igualdade ou a inclusión social”. Nesta convocatoria poderá participar persoas maiores de idade con independencia da súa procedencia, aínda que se valorará que naceran ou sexan residentes da provincia co fin de fomentar o talento do de Pontevedra provincia. E as candidaturas serán avaliadas por un xurado de profesionais.

Os fondos que a Deputación dedica a estas bolsas vanse a empregar para a realización dos proxectos, no que atinxe á produción e compra de materiais, e a institución provincial tamén se fará cargo do aloxamento.

As residencias terán lugar entre o 28 de outubro de o 11 de novembro e comprenderán unha primeira etapa de creación en formato de portas abertas ou a visita de profesionais do sector, que realizarán unha conferencia e ofrecerán asesoramento e experiencias ás e aos bolseiros. Tamén haberá unha xornada de divulgación e é posible que se precise da participación do público ou dalgún colectivo local para algún dos proxectos.

Finalmente, o 11 de novembro as e os artistas presenten os resultados conseguidos durante as residencias nun auto de clausura.


Presentación de solicitudes


Bases (BOPPO 02/09/2022)

Está pasando!