Mounqup | Vive Nigrán

A edición 2021 de Vive Nigrán segue aumentando o seu cartel cunha sesión a cargo de Shinova e Mounqup

28 Maio 2021

Os vascos Shinova chegarán a Vive Nigrán da man de Vibra Mahou o 17 de xullo nun concerto enmarcado na Sesión Vibra Mahou, na que participará tamén a artista franco-galega Mounqup nunha actuación vinculada á colaboración establecida entre a cervexeira, a Fundación Paideia Galiza e a Escola de Organización Industrial (EOI) co obxectivo de impulsar o emprendemento entre o talento musical emerxente.

Con estas últimas confirmacións a organización do festival suma novos artistas á edición 2021 de Vive Nigrán, que se celebrará do xoves 15 de xullo ao sábado 17 de xullo no campo de fútbol de Monte Lourido, situado a escaso metros de Praia América.

A Sesión Vibra Mahou de Vive Nigrán, abrirá as súas portas ás 12.00 horas e comezará coa actuación de Mounqup, á que seguirá, a continuación, a banda biscaíña.


Shinova | Vive Nigrán

As entradas xa están dispoñibles a través da web do Festival e de Ataquilla.com

Os que xa teñan a súa entrada comprada para algúns dos días do festival poderán beneficiarse e asistir a esta sesión a través da compra dun suplemento.

  • Entrada de día Vive Nigrán: Suplemento de 4 € + gastos
  • Abono Vive Nigran: Sesión Vibra Mahou incluída, previa confirmación de asistencia a través de ataquilla. com
  • Entrada individual Sesión Vibra Mahou: 8 € + gastos
  • Entrada dobre Sesion Vibra Mahou: 16 € + gastos
Está pasando!