Presentación da Feira das Letras | © Concello da Estrada

A Feira das Letras regresa a A Estrada tras dous anos de parón cunha celebración repleta de actividades

18 Abril 2022

A  Feira das Letras da Estrada celebrarase os días 22 e 23 de abril na Praza do Concello, despois de dous anos de parón pola pandemia.

As primeiras 300 compras recibirán como agasallo un litro de leite estradense e colaborarán as librarías Marxe, Durán, Faro, Lolimay, Pintaletras e a editorial Raposeiras con descontos nos seus puntos de venda.

Venres 22 de abril

  • 12:00 horas: Apertura dos postos de venda
  • 17:00 horas: Actuación dos alumnos/as de Tequexetéldere
  • 18:00 horas: Narración oral “Flipa cos contos”, de Bandullo Azul
  • 19:00 horas: Espectáculo musical “A voar”, de Cé Orquesta Pantasma
  • 20:00 horas: Sarabela Teatro presenta “A lingua das bolboretas” no Teatro Principal. Para asistir deberanse retirar os convites no Departamento de Cultura

Sábado 23 de abril

  • 12:30 horas: Apertura dos postos
  • 12:30 horas: Espectáculo “Little neno descobre os Beatles”
  • 17:00 horas: Actuación “O mundo de Nono”, do Mimo Nono
  • 18:00 horas: Narración oral do clube de lectura do IES Antón Losada Diéguez e do CEIP de Figueiroa
  • 18:30 horas: Espectáculo de narración e música “A formiga no carreira”, de Rilo & Penadique

Ademáis, o venres 22 entre as 18:00 e as 20:00 horas e o sábado 23 de 12:30 a 13:30 e de 18:00 a 20:00 horas haberá actividades de balde para os máis cativos.

Está pasando!