A feira de oportunidades ‘Stock Marín’ celebrarase do 12 ao 14 de xaneiro na Alameda Rosalía de Castro

3 Xaneiro 2024

A V edición da feira de oportunidades ‘Stock Marín’, celebrarase do 12 ao 14 de xaneiro, na Alameda Rosalía de Castro de Marín, aproveitando unha das datas, nas que os establecementos comerciais, soen aplicar descontos e promocións moi significativos, como é o inicio da tempada de rebaixas tradicionais de inverno.

15 establecementos comerciais, participarán nesta edición de inverno, do ‘Stock Marín’. A montaxe deste evento, levarase a cabo utilizando a carpa que se instalará na alameda, con motivo das actividades infantís do nadal.



Feira con grandes descontos

Aproveitando unha das datas, nas que os establecementos comerciais, soen aplicar descontos e promocións moi significativos, como son as tradicionais rebaixas de inverno, levarase a cabo esta feira de oportunidades.

Deste xeito, 15 establecementos comerciais, ofrecerán auns prezos con grandes descontos, productos relacionados cos seguintes sectores: Moda home-muller, moda infantil, lencería, complementos, calzado, calzado infantil, deportes, bisutería, alimentación, papelería, material escolar, xoguetería e mercería.

O horario do evento será de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas e a entrada será gratuíta.

Establecementos participantes

A mi Love, Acolá Trend, Bambino, Bolboreta, Bule Bule, Carmencitas, El Armario de Alia, Librería Espacio Lector Nobel, Five Sport, Inés Marcos, Mercería Labores, OSBS Clothing Two, Tamara Onlinee, Tamara Piel, Toscana Store.

O evento é organizado polo Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, e xurde por petición dos establecementos comerciais, que debido ao actual retraemento no consumo están acumulando stocks. A organización agradece a colaboración do Concello de Marín, e a cofinanciación da Xunta de Galicia.

Actividades Complementarias

Coa finalidade de contribuír á dinamizacion do evento, contarase en horario da feira, co carrusel infantil do que poderán gozar, os máis cativos do fogar.

Ademais, o domingo 14 ás 18:00 horas, levarase a cabo no palco da música, o sorteo presencial da campaña de Nadal, no que a persoa gañadora, acadará un premio de 1.000€.


Está pasando!