Presentación da XII Festa do Viño de Vilaboa | Concello de Vilaboa

A Festa do Viño de Vilaboa medirá cunha cata as singularidades da produción vinícola local

9 Maio 2025

O concerto da Banda da Escola de Música co cantante Antonio Barros quen poña o colofón á primera xornada do evento


Os stands de colleiteiros e adegueiros da IXP Ribeiras do Morrazo abrirán as súas portas este sábado 10 de maio a partir das 12 da mañá na carpa instalada baixo o viaduto de Riomaior. Comezará así unha nova edición da Festa do Viño de Vilaboa, un evento organizado para poñer en valor a produción vinícola da comarca e a súa excelente maridaxe coa gastronomía local.

A Festa conta ademáis cun amplo programa cultural que na primeira xornada estará marcado pola actuación da Banda da Escola de Música de Vilaboa, que actuará co cantante Antonio Barros.

A música estará presente na carpa da man das charangas A cabeza non para, que se encargará de amenizar a sesión vermú. Xa pola noite será a charanga 112 quen tome o relevo da Banda de Música para continuar a festa.

Presentación da XII Festa do Viño de Vilaboa | Concello de Vilaboa

A Festa do Viño contará con presenza da artesanía local xa que volverá acoller a Laura Filgueira con ERRE3; Carmen Castro con Cachiboreta e Obradoiro Hedra.

Elisa Ruibal García ‘Casa da Boullosa’, Manuel Collazo Fernández, Jesús Amoedo Leiro ‘Casa da Torre’, Martín Torres González ‘Casa Cañoteira’, Nilda Alvariña, Furancho Antonio, Furancho de Jorge, Adega Ardán (Marín), Guillermo Martínez PintosAdega Os Areeiros‘ e Bodegas Costas de Exportación exporán os seus viños que poderán degustarse nunha copa editada polo Concello para esta ocasión e serigrafiada co logo da Festa e que poderá adquirirse ao prezo de 2 euros.

Viños con singularidades e matices que se medirán na cata organizada polo Concello e na que os premiados recibirán os seus recoñecementos nun acto que terá lugar o domingo, ás 13.30 horas. Será xusto antes da lectura do pregón que este ano correrá a cargo Xan Lorenzo, humorista colaborador do ‘Luar’.

A nota musical e a animación correrá a cargo o domingo da Banda de Gaitas da Asociación Cultural Cobres.

Tanto o alcalde, César Poza, como a concelleira de Dinamización, Carmen Gallego, convidan á veciñanza a acudir a esta festa de promoción dos viños locais e animan aos residentes no entorno a facelo camiñando, para evitar colapsos de tráfico.

Está pasando!