Christmas Special 2022 | © Broken Peach

A formación viguesa Broken Peach volve apostar por unha alternativa rockeira aos clásicos do Nadal

21 Decembro 2022

A sociedade cambia. Tamén o fan os seus distintos canons artísticos, os cales se moldean en función dos consumidores. E o certo é que aqueles mozos que escoitaban aloucadamente grupos como Led Zeppelin, Deep Purple ou Bruce Springsteen, xa non son tan jovencitos; pero seguen demandando unha boa dose de sólida percusión e guitarras saturadas polas veas. Así que, por que non dar unha volta de porca á solemnidade habitual das panxoliñas e engadirlles un pouco máis de enerxía?

Esa é a máxima que desde hai anos aplican os vigueses Broken Peach. A mesma idea que lles levou a facer unha versión unha panxoliña como “It’s Beginning to Look a Lot Like Christmas”, converténdoo nunha peza que non só pódese cantar, senón tamén acompañar cun rítmico cabeceo. Este novo complemento para a banda sonora do Nadal foi presentado na súa exitosa canle de Youtube, onde congregan seguidores de todo o mundo; sendo o público norteamericano o máis numeroso. Súmase así ao seu xa recorrida lista de reprodución coa que alegrar as festas dos máis pequenos sen traizoar os valores dunha vella alma rockeira.

Como é habitual nos vídeos publicados pola banda, volveron a elixir unha localización en Galicia. Trátase do Pazo de Libunca, en Narón.

Aquí podedes atopar unha lista de reprodución de Spotify con todos os seus especiais de Nadal: https://open.spotify.com/playlist/1KIfqOQePngDIeVjAkv0Ji?se=b44e916c3e7945ef


Christmas Special 2022 | © Broken Peach

Broken Peach é unha banda viguesa de Rock&Soul fundada en 2010. Tras 12 anos de existencia visitaron todo tipo de escenarios: desde concertos privados, ata festivais internacionais, pasando por estudios de televisión ou eventos deportivos.

A súa canle de Youtube ten máis de 240.000 subscritores e máis de 45 millóns de visualizacións en total. A súa estética grupal e extravagante adoita ser a “marca da casa” que lles caracteriza.


Está pasando!