‘O río da vida’ de Manuel Moldes na UNED | © Fundación Manuel Moldes

A Fundación Manuel Moldes e o Concello de Pontevedra organizan a visita guiada ao mural ‘O río da vida’ que o artista pintou na UNED

19 Novembro 2024

A sede pontevedresa da UNED, situada en Monteporreiro, recibe os seus visitantes cun enorme mural pintado por Manuel Moldes.

Esta monumental ‘O río da vida’, de 1987 e cunha extensión de máis de 12 metros, fálanos de temas universais como o coñecemento ou a mesma vida ó tempo que, no curso do río que lle dá título á obra, se recollen tradicións, lendas, oficios ou costumes da nosa terra. Como é habitual en Moldes, utiliza elementos de Pontevedra e a súa contorna como lenzo sobre o que pinta-lo mundo.



A actividade ‘Manuel Moldes. O río da vida’, organizada pola Fundación Manuel Moldes e que conta coa colaboración do Concello de Pontevedra, consiste nunha visita guiada ó mural da UNED, para desentrañar algúns dos seus segredos. A continuación visitaranse algúns dos puntos de Pontevedra que, polos seus elementos ou pola súa historia, serviron de inspiración para o mural.

Realizarase o próximo sábado 23 de novembro. A saída terá lugar ás 11:45 horas dende a parada de autobús na rúa Joaquín Costa, na parte traseira do Hospital Provincial, onde o conservatorio Mayeusis.

Trátase dunha actividade de balde aberta a todo o mundo, máis cómpre ter en conta que o traslado ata a sede da UNED e a volta ó centro da cidade farase en autobús.

As prazas son limitadas. A inscrición realizarase mediante correo electrónica á dirección info@fundacionmanuelmoldes.org.

Está pasando!