A Guarda celebra a diversidade e o Orgullo por cuarto ano consecutivo

19 Xuño 2023

A concellería de Igualdade e o CIM da Guarda organizan o mércores 28 de xuño “A Guarda Diversa”, unha ocasión especial para celebrar o Orgullo e continuar dando visibilidade ao colectivo LGTBIQ+


As actividades de “A Guarda Diversa 2023” terán lugar na xornada do mércores día 28 en horario de 19:00 a 21:00 horas na Casa dos Alonsos con dúas sesións en paralelo.

Por unha banda no Salón de Plenos terá lugar o Faladoiro “Non estamos todes: decepcións da Lei Trans”, a cargo de Cristina Palacios, Traballadora social e Xerente da Asociación Arelas; Miguel Vieito, Asesor legal da Asociación Arelas e Brais Papiri, Responsable da Sección Xuvenil da Asociación Arelas, crianzas e mocidade trans de Galicia. Esta actividade estará acompañada da actuación musical da artista “A Riso”. Neste faladoiro profundizarase naqueles aspectos nos que a Lei ten limitacións e os retos de futuro que se presentan.

O faladoiro tamén se vai a retransmitir por streaming a través da canle oficial de Youtube do Concello da Guarda https://www.youtube.com/@concellodaguarda

Por outra parte na Sala de Audiovisuais da Casa dos Alonso terá lugar o contacontos e obradoiro dirixido a crianzas de 4 a 8 anos “Transformando Realidades” a cargo de Sara Uris, Mestra en Educación Infantil especializada en igualdade e Diversidade. Realizarase de forma simultánea co faladoiro como medida de conciliación.

Para asistir ás actividades non é necesaria inscrición previa e a entrada é de balde, ata completar aforo. Rógase a asistencia 10 minutos antes do inicio de cada acto.

Máis información no CIM da Guarda, no teléfono 986 614 648, na web municipal www.aguarda.es ou no correo electrónico muller@aguarda.es


Está pasando!