A Guarda inaugura este sábado a exposición de temática mariñeira “Os nosos mares”, do ilustrador vigués Carlos Ramos

27 Xuño 2023

A exposición “Os nosos mares”, do ilustrador vigués Carlos Ramos inaugurase o sábado 1 de xullo ás 12:00 horas e estará nos baixos do Concello ata o 14 de xullo


Este sábado día 1 de xullo ás 12:00 horas na Casa dos Alonso inaugurase unha nova exposición que ten como protagonista a temática mariñeira, especialmente centrada nos Faros, acantilados e portos.

A proposta que chega da man do ilustrador vigués Carlos Ramos, que pretende facer unha ruta polos faros mais representativos do litoral galego, así como polas paisaxes características das nosas costas e do duro traballo das xentes do mar.



Cunha técnica e estilo propio da ilustración e moi próximo ao cómic, con colores moi definidos, trazos moi finos e moi marcados.

A exposición estará na Guarda ata o 14 de xullo no horario habitual de apertura do concello (de 9:00 a 14:00 horas) de luns a venres, mais todo aquel interesado queda convidado a asistir ao acto inaugural, no que contarase coa presenza do propio artista.

Está pasando!