Roteiro ‘Historias de mulleres guardesas’ | © Concello da Guarda

A Guarda lembra as historias de mulleres singulares da vila

9 Maio 2023

Ao longo da pasada fin de semana realizouse un roteiro e unha andaina para poñer en valor a figura de diferentes mulleres da vila, tanto anónimas como coñecidas, que destacaron na súa época por rachar cos estereotipos e intentar acadar un espazo dentro dun mundo do que non eran donas


O Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller, programou a pasada fin de semana a iniciativa ‘Historias de mulleres guardesas’, unha alternativa de ocio cultural e saudable na que o eixo principal foron as historias de mulleres da vila que destacaron nas súas diferentes épocas por diversas razóns.

Desta volta e despois do grande éxito que tivo a primeira edición desta actividade, realizada entre outubro e novembro do 2022, retomouse o mesmo formato cun roteiro e unha andaina, que contou cunha ampla e activa participación.

O roteiro, que tivo lugar o pasado venres día 5 de maio saíu dende a Praza do Reló, en el falouse  dunha serie de mulleres, todas veciñas da Guarda, que dun xeito ou doutro forman parte do imaxinario colectivo e da historia da vila, cunha breve achega biográfica para lembrar como foi ou como é a vida destas mulleres e poñerlle cara amosando fotografías para que todos/as os/as participantes as recoñezan.

No caso da andaina, que realizouse na xornada do domingo día 7 de maio saíu dende a Alameda da Guarda  con 8km de percorrido onde falouse de mulleres de Salcidos e Camposancos, tendo en conta fundamentalmente os traballos e oficios aos que se adicaban, e lembrando a algunhas persoas que viven ou viviron nestas dúas parroquias, amosando tamén imaxes delas para saber quen foron ou son as protagonistas destas historias.

Esta actividade estivo subvencionada pola Deputación de Pontevedra.

Está pasando!