A Guarda xa ten todo preparado para unha nova edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira

12 Xuño 2023

A localidade de A Guarda acollerá os próximos días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo a súa tradicional Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira.

Esta festa, que xa acada este ano a súa XXXI edición, é a primeira cita gastronómica de prestixio da tempada de verán en Galicia; se a iso lle sumamos a súa catalogación como Festa de Interese Turístico de Galicia, obtense unha fórmula de éxito, que, ano tras ano, congrega a centos de visitantes ao redor dos diferentes pratos e especialidades elaborados por restaurantes desta vila.

Aínda que a estrela desta festa é a langosta, os visitantes poderán degustar moitas outras especialidades típicas nas que o denominador común é a calidade dos produtos ofertados.

Ademais das diferentes especialidades gastronómicas, todos aqueles que nesas datas se acheguen ata A Guarda, poderán desfrutar, dentro do programa desta festa, dun completo e atractivo repertorio de actividades lúdicas e culturais, que fará as delicias dos maiores e tamén máis pequenos.

Por último, aqueles que aínda lles quede un pouco de tempo entre prato e prato, os concertos e as actuacións previstas, poderán descubrir os recunchos que agocha esta fermosa vila mariñeira chea de encanto, natureza e historia.


Está pasando!