“A hora d@s nen@s”, oito días de actividades para a cativada de Ponte Caldelas

31 Agosto 2020

O Concello de Ponte Caldelas organiza entre o mércores 2 e o venres 11 de setembro espectáculos infantís con seguridade para os máis pequenos do municipio.

O Concello de Ponte Caldelas quere que os máis pequenos da casa teñan tamén unha programación en exclusiva para eles neste ano no que nos deron unha lección de adaptación, comportamento e cumprimento das medidas hixiénico-sanitarias establecidas.

Nun ano no que quedaron sen colexio, tiveron que alonxarse dos seus amigos, deixaron atrás as actividades deportivas, a música e o baile, os parques infantís… o Concello de Ponte Caldelas quere renderlles unha homenaxe con oito días de actividades dirixidas exclusivamente á cativada.

Caxoto Contacontos, Cé Orquesta Pantasma, Oradaladou, Bandullo Azul, Xoan Curiel e Barafunda son os artistas que animarán os corazóns dos máis pequenos durante oito días, entre o mércores 2 e o venres 11 de setembro. Serán sesións nos lugares do rural con máis nenos e tamén na vila.

As actividades son financiadas polo Concello de Ponte Caldelas co apoio de fondos do Pacto de Estado do Ministerio de Igualdade, e do programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia.

Programación:

Mércores, 2 de setembro

12.00 horas. Caritel. Carballeira da Chan. Contos a Pé de Rúa: Contos, xogos e música ao aire libre con Caxoto Contacontos.

17.00 horas. Silvoso. Adro da Igrexa. Contos a Pé de Rúa: Contos, xogos e música ao aire libre con Caxoto Contacontos.

19.00 horas. A Insua. Carreira Ancha. Contos a Pé de Rúa: Contos, xogos e música ao aire libre con Caxoto Contacontos.

Xoves, 3 de setembro

10.00 horas. Taboadelo. Campo da Festa. Contos a Pé de Rúa: Contos, xogos e música ao aire libre con Caxoto Contacontos.

12.00 horas. Xustáns. Campo da Festa. Contos a Pé de Rúa: Contos, xogos e música ao aire libre con Caxoto Contacontos.

17.00 horas. A Reigosa. Campo da Festa. Contos a Pé de Rúa: Contos, xogos e música ao aire libre con Caxoto Contacontos.

19.00 horas. Vilarchán. Campo da Festa. Contos a Pé de Rúa: Contos, xogos e música ao aire libre con Caxoto Contacontos.

Venres, 4 de setembro

17.00 horas. Tourón. Campo da Festa. Contos a Pé de Rúa: Contos, xogos e música ao aire libre con Caxoto Contacontos.

19.00 horas. Alameda de Ponte Caldelas. Contos a Pé de Rúa: Contos, xogos e música ao aire libre con Caxoto Contacontos.

Luns, 7 de setembro

19.00 horas. Alameda de Ponte Caldelas. ‘Os fíos do querer’ con Cé Orquestra Pantasma

Martes, 8 de setembro

19.00  horas.  Alameda  de  Ponte  Caldelas.  ‘Cancioneiro  de  música  tradicional’  con Oradaladou.

Mércores, 9 de setembro

19.00 horas. Alameda de Ponte Caldelas. ‘Filipa cos contos’ de Bandullo Azul

Xoves, 10 de setembro

19.00 horas. Alameda de Ponte Caldelas. ‘Canta miña pedra canta’ con Xoan Curiel.

Venres, 11 de setembro

19.00 horas. Alameda de Ponte Caldelas. ‘Contacontos: Pepiña Maruxiña quere voar’ con Barafunda.

Está pasando!