Illa de Tambo | © Atlantic Extrem Sports

A I edición da Volta a nado Illa de Tambo celebrarase o domingo 21 de agosto con saída e chegada na Praza da Chousa

9 Xuño 2022

O Concello de Poio e Atlantic Extreme Sports organizan a I edición da Volta a nado Illa de Tambo, que se celebrará o domingo 21 de agosto de 2022 en Combarro, un dos destinos turísticos máis importantes de Galicia cada verán.

A travesía a nado constará de dous percorridos de 4.500 e 6.000 metros de distancia, que se celebrarán nun das contornas máis espectaculares das Rías Baixas galegas. A saída e a chegada de ambas distancias estarán situadas na Praza da Chousa, en Combarro.

Este evento deportivo prevé reunir por centos de nadadores e turistas procedentes de distintos puntos de España e estranxeiro. O obxectivo é consolidar a proba como unha das citas máis importantes do calendario de travesías a nado en Galicia.

Para esta primeira edición espérase atraer a Combarro a preto de 300 nadadores. Trátase de que estes nadadores, os seus familiares e acompañantes acaben convertendo a Combarro, Poio e os seus arredores nun destino turístico, unha cita obrigada cada verán.

A Illa de Tambo será a imaxe principal da travesía e punto de referencia para os nadadores que participen en ambos os percorridos. É un lugar extraordinario para celebrar unha proba destas características e poñer en valor a riqueza deste espazo natural, que conta con dúas praias unidas en pártea norte da illa (Area da Illa e Adreirá) e tres pequenos embarcadoiros. Pero no seu interior, Tambo alberga tamén os restos de varias construcións con séculos de historia e que deixan constancia das diferentes utilidades que se lles deu na illa: a capela de San Miguel (século XVI), o lazareto de 1886, a antiga residencia de oficiais ou a polvoreira aínda manteñen en pé algunhas das súas estruturas. Ao sur da illa atópase a torre-faro de Tenlo Chico, de 17 metros de altura, e cuxo orixe se remonta á noite do 30 de novembro de 1922 cando empezou a dar os sinais lumínicas de aproximación aos portos de Pontevedra e Marín.

As inscricións poden realizarse do 6 de maio, ás 10:00 horas, ao 12 de agosto ás 12:00 horas en championchipnorte.com en en voltaanadoilladetambo.es


Está pasando!