Presentación do IV Stock Marín | © Estrela de Marín

A IV edición de Stock Marín contará coa participación de 22 establecementos

21 Xullo 2023

Coincidindo coa clásica tempada de rebaixas de verán, o Centro Comercial Aberto Estrela de Marín pon en marcha, coa colaboración do Concello, na Alameda, do 4 ao 6 de agosto, a IV Edición de Stock Marín.

Este evento, que vén a sustituir nesta nova normalidade ao xa clásico Saldomarín, posibilita aos participantes darlle saída aos stocks que se van acumulando durante o ano nos seus establecementos, stocks que en moitos casos non poden almacenar debido as limitacións de espacio co que contan.

Instalaranse 22 carpas individuais: 20 de 55m e 2 de 33m, das cales a totalidade correspondense con negocios da vila. Estes establecementos ofrecerán a uns prezos extraordinarios (descontos desde o 60%) productos relacionados cos seguintes sectores: Moda home-muller, moda infantil, lencería, complementos do fogar, calzado, calzado infantil, deportes, xoiería, bisutería, informática, alimentación, papelería, cosmética e perfumería, material escolar e xoguetería.


O horario do evento será de 11:00 a 14.00 horas e de 18:00 a 22:00 horas e a entrada será gratuíta. Consideramos que nestes momentos, este evento é unha boa ferramenta para poder darlle saída aos stocks acumulados por mor da actual situación económica e do retraemento do consumo.

Ademais, coa finalidade de premiar as compras que se efectúen durante o evento levarán un regalo promocional, consistente nun parasol, que se serigrafía cos logos da Xunta de Galicia, do Comercio do Morrazo e do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín e de bolsas reutilizables cos logos do CCA e da Deputación de Pontevedra, da campaña “Redución de bolsas dun só uso”.

Como actividade complementaria de dinamización do Stock Marín e coa finalidade de premiar e agradecer as compras, levarase a cabo un espectáculo de maxia infantil, consistente en 6 pases do espectáculo do “O Gran Circo de Pulgas”, do mago Jose Mari, que obtivo o premio nacional de maxia infantil de 2022. O palco da música, convertirase nun Pequeno Teatro, que acollerá en sesións de mañá e de tarde, os distintos pases.

Os establecementos participantes nesta IV edición do Stock Marín son: A Mi Love, Acolá, Alma Libre, Bambino, Beep, Bolboreta, Bule Bule, Carmencitas, Deportes Xesta, Espazo Lector Nobel, Five Sport, Inés Marcos, Mercería Labores Patchwork, Mi Mamá Me Mima, Nayma Moda Mujer, OSBS, Paíno & Maína, Servilar Decoración, Tamara Onlinee, Tamara Piel, Toscana Store e Xoiería Muíños.


Está pasando!