© Ardemus Quartet

A IV edición do Festival Internacional de Música de Vilagarcía de Arousa, ‘clasclás’, celebrarase do 26 de xullo ao 4 de xullo

18 Xuño 2021

A IV edición do Festival Internacional de Música de Vilagarcía de Arousa, ‘clasclás’, nace, crece e se desenvolve inmerso nunha pandemia mundial que ten provocado o virus SARS – COV 2.

Nestas circunstancias absolutamente excepcionais e únicas, desde Vilagarcía propoñen un festival baixo o lema universal carpe diem, novamente coa música como elemento de unión e con especial atención aos artistas, aqueles xa consagrados que dirixen nesta ocasión o certame e os máis noveles que os acompañarán no seu desenvolvemento.

Todos eles están duramente golpeados nestes intres e de forma moi desigual, representación de dúas caras moi visibles e opostas desta pandemia. Sirva, pois, esta IV edición do ‘clasclás’, para unir e reivindicar o dereito de todos á educación, á cultura e sobre todo á vida, dereitos fundamentais que debemos preservar.

Nada mellor que a música, que sempre acompaña, que todo o une e que ás veces axuda na cura para este clasclás no que o Trío Guarneri de Praga nos deleitará co profundo e marabilloso ton dos seus Guarneri e o inigualable piano de Iván Klansky.

Varios ensembles e solistas de amplo espectro, tendencias e procedencias,  acompañarán ao Trío nunha ecléctica edición que teñen ideado para nós e que se irá presentando paseniñamente .

A dirección artística do festival está a traballar, ademais, nun proxecto pedagóxico posible para esta edición, dada a inseguridade que provocaría nestes intres unha nova convocatoria internacional do Young Artist Program (YAP), que terá que agardar ata que todo pase.

Descarga o programa e reserva as túas entradas (de balde) en clasclas.com


PROGRAMA

 Sábado 26 de xuño 

21.00 h | Praza da Peixería | Entrada de balde (previa reserva)

GUARNERI TRIO DE PRAGA

Čeněk Pavlík, violín
Marek Jerie, cello
Ivan Klanský, piano


 Luns 28 de xuño 

21.00 h | Praza da Peixería | Entrada de balde (previa reserva)

MILAN AL-ASHHAB & ADAM SKOUMAL

Milan Al-Ashhab, violín
Adam Skoumal , piano


 Mércores 30 de xuño 

21.00 h | Praza da Peixería | Entrada de balde (previa reserva)

ARDEMUS QUARTET

Lisa Wyss – saxofón soprano
Lovro Merčep – saxofón alto
Jenita Veurink – saxofón tenor
Deborah Witteveen – saxofón barítono


 Xoves 1 de xullo 

21.30 h | Praia da Concha | Entrada de balde

UXÍA

Uxía, voz
Sérgio Tannus, guitarra e viola


 Venres 2 de xullo 

12.00 h | Praza da Peixería | Entrada de balde (previa reserva)

CONCERTO FINAL MASTERCLASSES

Coa participación dos Tríos de Piano dos centros participantes


 Venres 2 de xullo 

21.00 h | Praza da Peixería | Entrada de balde (previa reserva)

JUDIT JÁUREGUI

Judith Jáuregui, piano


 Domingo 4 de xullo 

21.00 h | Praza da Peixería | Entrada de balde (previa reserva)

EPOQUE QUARTET

David Pokorný, violín
Vladimír Klánský, violín
Vladimír Kroupa, viola
Vít Petrášek, violoncelo


Está pasando!