Enterro da Lamprea | © Concello de Salvaterra de Miño

A Lamprea tinguirá dun “Loito moi divertido” as rúas de Salvaterra o próximo sábado 25 de febreiro

23 Febreiro 2023

Máis de 1400 persoas percorrerán as rúas de Salvaterra de Miño a partir das 17:00 horas do sábado 25 de febreiro, no tradicional festexo do Enterro da Lamprea, que porá fin o Entroido do 2023.

Son 15 as carrozas que farán as ledicias de todos os presentes e onde o espectáculo de sons, luces, vestimentas e risas, moitas risas, estarán asegurados.

A comitiva da defunta lamprea coas súas incondicionais “choronas” porán a cor fúnebre da tarde, ainda que aportará máis diversión e impacto visual, se cabe, ao evento.

Lémbrase a quen queira que poderá acompañar a comitiva da defunta antes da súa queima na Praza do Concello, onde escoitaremos a lectura do testamento da Lamprea agardará un chocolate quente para todos e todas.

A saída do desfile, de Comparsas e Carrozas do Enterro da Lamprea do Entroido 2023 de Salvaterra, está prevista para as cinco da tarde, dende a Rúa Rosalía de Castro, discurrindo por Castelao, Rúa Galicia, Dona Urraca e Praza do Concello.


Está pasando!