Kate Atkinson | © Helen Clyne

A mafia nocturna do Londres dos anos 20 protagoniza ‘Los templos del júbilo’, a nova novela da superventas Kate Atkinson

26 Xaneiro 2023

  • Cun estilo dickensiano único, Kate Atkinson crea un magnífico elenco de personaxes para unha novela cativadora que fala da inseguridade e a mutabilidade da vida e dun mundo no que nada é o que parece.
  • A tres veces gañadora do prestixioso premio de novela Costa e autora das novelas do expolicía Jackson Brodie, Kate Atkinson, regresa cunha historia onde a libertinaxe das noites do Soho ofrece unha cara oculta e criminal.
  • Un torbellino de corrupción e sedución e débedas no cegador Londres dos anos vinte.

1926. Inglaterra aínda se recupera da Gran Guerra, e Londres converteuse no centro dunha nova e desenfreada vida nocturna. Nos clubs do Soho os lores relaciónanse con actrices en cernes, os dignatarios estranxeiros con gánsteres, e non é difícil atopar mozas que cobran un chelín por un baile.

A raíña de todo ese rutilante mundo é a famosa Nellie Coker, unha muller implacable e ambiciosa que non dubida en facer todo o que sexa necesario para conseguir que prosperen os seus seis fillos, e entre eles o seu enigmático fillo maior, Niven, que forxou o seu carácter no fragor da batalla do Somme. Pero o éxito sempre granxea inimigos e o imperio de Nellie ten que enfrontarse a ameazas tanto internas como externas, porque baixo o oropel da libertinaxe dese Soho escóndese unha cara escura, un mundo no que é demasiado fácil desaparecer.

A rede de clubs dos Coker verase así envolta na trama de desaparición de dúas nenas de catorce anos cuxas pistas seguen o inspector Frobisher e a bibliotecaria Gwendolen Kelling.



KATE ATKINSON (1951) obtivo o Premio Whitbread (agora Costa) ao Mellor Libro do Ano coa súa primeira novela, Entre bastidores. As súas cinco novelas sobre o expolicía Jackson Brodie, grandes éxitos de vendas, convertéronse na serie de televisión da BBC Case Histories, protagonizada por Jason Isaacs.

A súa novela Una y outra vez recibiu o premio Costa á Mellor Novela e o premio literario South Bank Sky Arts, e quedou finalista do Women’s Prize. En 2011 foille concedida a Orde do Imperio Británico pola súa contribución á literatura e foi elixida Autora do Ano das librerías Waterstones na cerimonia dos Premios Nacionais do Libro de 2013 en Reino Unido.

Está pasando!