Presentación da XXXIII Meleira | © Concello de Pontevedra

A Meleira, a Feira do Mel de Pontevedra, volverá o mércores que vén a Rúa Serra para amosar e poñer en valor a calidade do mel galego

11 Agosto 2023

A 33ª edición da Feira do Mel abrirá as súas portas o mércores 16 de agosto e permanecerán abertas até o sábado 19 de agosto, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas


A concelleira de Promoción Económica de Pontevedra, Anabel Gulías, acompañado do presidente da Agrupación Apícola de Galicia, José María Seijo, presentou o programa da Meleira, a Feira do Mel de Pontevedra, que este ano cumpre 33 anos como unha das citas chave do verán na Boa Vila.

A edil lembrou que esta feira abrirá as súas portas entre o mércores 16 e o sábado 19 de agosto na rúa Serra, cun horario de apertura marcado entre as 10:00 e as 14:00 horas e as 18:00 e as 22:00 horas. «Sen dúbida, se hai algún exemplo de bo funcionamento e de estabilidade dunha cita ano tras ano sería o de a Meleira», indicou. «Hai xente que xa ten marcado no calendario ao mesmo nivel o inicio dasFestas da Peregrina e a inauguración desta feira, unha feira que pon en valor un produto coma é o mel».

Gulías subliñou a importancia do mel, un dos recursos galegos que forman parte da economía do país e do tratamento respectuoso co medio. «A actividade apícola en Galiza coida dos nosos montes, das abellas e da nosa potencialidade nete eido».

«Meleira chega un ano máis e preséntase para que todas as pontevedresas poidan gozar do mel e pasar pola contorna do mercado a coñecer, degustar e a mercar, mercar produto galego de primeira calidade, mais tamén a coñecer que posibilidade de derivados ten o mel», indicou. «É preciso incidir sempre na necesidade de mercar produtos galegos, de apoiar o feito no país e promover a economía local».

O programa da Meleira desta edición incluirá:

  • Elaboración de produtos con mel
  • Obradoiro de velas
  • Cata comentada de Mel de Galicia IXP
  • Extracción de mel
  • Atopa o teu mel (unha actividade especial onde cada día se emitirán certas pistas para resolver o enigma)

Está pasando!