Imaxe: Celeste Garrido, “Danza mortal”, 2020 | Fotografía: Miguel Veiga

“Voilà la Femme” volve un ano máis ao Ateneo Santa Cecilia de Marín

25 Maio 2021

Este mércores 26 de maio  as 20:30 horas inaugurase no Ateneo Santa Cecilia de Marín unha nova edición da exposición “Voilà la Femme” permanecendo aberta ate o 18 de xuño en horario de martes a venres de 17:30 a 20:30 horas e sábados de 11:00 a 13:00 horas.

Nesta edición participan as artistas: Nuria Argibay Pérez-Espiña, Lara Cores Piñeiro, Candela Eirea  Orro, Laura López Ignacio e Sofia Pastor Herranz, que nos ofrecen unha diversidade de visións e expresións artísticas que van desde a pintura a escultura, tendo sempre como tema de fondo a muller como elemento central da obra.

O comisariado e coordinación da exposición corre a cargo da artista marinense Celeste Garrido e do deseño encárgase Belén Diz.

“Voilà la Femme” é unha mostra colectiva de mulleres, que se ven realizando de maneira continuada desde fai 28 anos no Ateneo Santa Cecilia de Marín, e que ten por obxectivo poñer en valor e visibilizar a arte feita por artistas femeninas, dando a súa propia visión e interpretación da arte, innovadora, atrevida, explorando novos campos, soportes, texturas etc.

Unha excelente oportunidade para coñecer novos valores e tendencias artísticas.


Está pasando!