A mostra ‘Fuxan os ventos. 50 anos de historia’ que pon en valor o percorrido da emblemática agrupación musical galega, organiza visitas guiadas para escolares e público en xeral

14 Outubro 2024

  • A visita, conducida por membros do grupo e destinada a público adulto, terá lugar o sábado 26 ás 18:00 horas e as inscricións xa están abertas no apuntate.pontevedra.gal
  • As escolares, destinadas específicamente a alumnado de Bacharelato de Artes ou departamentos de música, serán os martes 22 e mércores 30 de outubro e a xestión, a través de escolarespazodacultura@gmail.com
  • A mostra conta con numeroso material fotográfico, instrumental, sonoro e pezas inéditas, achega de compoñentes do grupo, institucións e particulares. Está comisariada por Sabela Fraga conta con Melania Freire como directora de arte e Noa Díaz coordinando o proxecto
  • Permanecerá instalada e visitable no Pazo da Cultura ata o 13 de novembro no horario habitualde visita de martes a venres de 18:00 a 21:00 horas. Sábados de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas e domingos e festivos de 12:00 a 14:00 horas. Os luns, permanecerá pechada

Tal e como destacaba o concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez na presentación do proxecto “50 anos de Fuxan os Ventos, son 50 anos de orgullo de país, de cultura galega posta en pé, ao servizo do pobo galego. Para min e moita xente da miña xeración foi prácticamente o primeiro contacto cunha cultura galega contemporánea, moderna, actualizada, que podía competir en igualdade con calquera cultura do mundo. Material gráfico, sonoro, textos, material inédito, documentos da censura, etc. é realmente é unha exposición digna de ver para coñecer a Fuxan”.


Mostra ‘Fuxan os ventos. 50 anos de historia’ | © Concello de Pontevedra

Aínda que a mostra pode ser disfrutada libremente no horario habitual de apertura da Sala de exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra, (de martes a venres de 18:00 a 21:00 horas. Sábados de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas e domingos e festivos de 12:00 a 14:00 horas) contar cos membros da agrupación musical para facer o percorrido e gozar das historias e anécdotas é un luxo. Poderá vivir esta experiencia de 1 hora e 30 minutos quen formalice a inscrición de balde no formulario dispoñible en apuntate.pontevedra.gal

O alumnado de Bacharelato de Artes e departamentos de música, tamén poderá gozar desta experiencia en versión de 45 minutos, xestionando unha visita en horario matinal os días 22 ou 30 de outbro a través do correo escolarespazodacultura@gmail.com


Está pasando!