A mostra ‘Sempre máis. Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige’ inaugúrase este venres 6 no Pazo da Cultura de Pontevedra

5 Outubro 2023

  • A exposición, organizada pola Asociación Unha Gran Burla Negra, recolle achegas de diferentes colectivos integrados en ‘Nunca máis’ e grupos ecoloxistas galegos
  • A Asociación Pola Defensa da Ría – APDR colabora cedendo numeroso material entre o que se atopan elementos nunca expostos e a peza documental ‘Paraíso Roubado”, dirixido por Lukas Santiago e producido pola asociación
  • Poderá visitarse ata o 13 de novembro no horario da Sala de Exposicións do Pazo: luns, mércores, xoves e venres de 18:00 a 21:00 horas, sábados de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas, domingos e festivos de 12:00 a 14:00 horas

O vindeiro venres 6 de outubro ás 20:00 horas terá lugar na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra a inauguración da mostra ‘Sempre máis. Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige’.

Ao acto, no que non faltará o Alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro de Cultura Demetrio Gómez, asistirán o comisiario da mostra, Germán Labrador e o presidente da Asociación Unha Gran Burla Negra, Daniel López Abel.



Nos vinte anos do seu aniversario, esta mostra expositiva quere volver sobre a memoria, a creatividade e as protestas que acompañaron o afundimento do Prestige para reflexionar sobre a necesidade hoxe de seguir xuntando a defensa da democracia e da ecoloxía. A partir do arquivo vivo da Asociación Unha Gran Burla Negra, que leva acompañando os legados do Nunca Máis dende o ano 2017, e grazas unha rede extensa de artistas, investigadoras, activis tas e compañeiras, este proxecto colectivo busca abrir preguntas incómodas, imaxinar mundos e partillar loitas.

Entre eses colectivos e as súas achegas atoparemos a pontevedresa APDR que amais dunha numerosa cantida de material, difunde o seu documental “Paraíso Roubado”.

A xornada inaugural contará cunha visita guiada pola Sala con numerosa explicacións. Ata o 13 de novembro poderá visitarse libremente luns, mércores, xoves e venres de 18:00 a 21:00 horas, sábados de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas, domingos e festivos de 12:00 a 14:00 horas. Martes, pechada.

Está pasando!