Presentación de A Guarda Mar de Blues | © Concello da Guarda

A música Blues invadirá A Guarda esta fin de semana co festival A Guarda Mar de Blues

5 Xullo 2023

  • O festival de música A Guarda Mar de Blues traerá á Guarda artistas como Tommy Castro & The Painkillers, Javier Turnes & The Hake Men, Mingo Balaguer & Pablo Sanpa ou Julián Maeso
  • A banda americana Tommy Castro & The Pankillers dará na Guarda o seu único concerto en Galicia

A Guarda prepárase para acoller esta fin de semana a terceira edición do festival musical “A Guarda Mar de Blues”, que chega este ano á Praza do Reló os días 7 e 8 de xullo, organizado polo Concello da Guarda en colaboración con Onme Producciones – Mais que Blues e patrocinado por Cervezas Alhambra.

A programación arranca na xornada do venres día 7 de xullo ás 22:30 horas co concerto de Julián Maeso, un dos pratos fortes desta edición. Un dos músicos máis versátiles que existen no noso país e cualificado por moitos como o “Dr. John” español ou mesma reencarnación do gran “Jimmy Smith”, grazas ao dominio e manexo do órgano Hammond. Deleitaranos cun concerto cheo de momentos Funk indescriptibles, Soul, R&B,… que quedarán gardados para sempre na retina de aqueles que se acheguen á primeira xornada do Mar de Blues.

As actividades continúan cunha Sesión Vermú o sábado 8 de xullo ás 12:00 horas con Javier Turnes y The Hake Men, Javier Turnes estará na Guarda presentando o seu novo proxecto musical. Falar de Javier Turnes é falar dun dos grandes estudiosos do Blues en Galicia, e xunto a The Hake Men ofrecerán un precioso percorrido polo son de Chicago ata as beiras do río Mississippi.


Mingo Balaguer & Pablo Sampa | Cedida

O prato forte chega o sábado ás 22:30 horas con Mingo Balaguer & Pablo Sanpa, Mingo Blagauer é un dos grandes mestres da armónica no país… un veterano músico con máis de 30 anos sobre os escenarios e que ten tocado xunto a lendas do Blues como Hubert Sumlin, Johnny Winter ou Magic Slim, entre outros moitos. Contará co apoio de Pablo Sanpa, un dos guitarristas con máis recoñecemento no panorama nacional do blues.

Tommy Castro & The Painkillers subirán ao palco do Mar de Blues sobre as 23:30 horas cheos de Blues, Soul, R&B, Rock…. todo elo e moito máis é esta banda procedente de San Francisco. Tommy Castro ten mais de 3 décadas de carreira profesional, infinidade de premios como o recente “Blues Music Award” á mellor banda en directo do ano, milleiros de concertos, unha suculenta e ampla discografía e infinidade de colaboracións xunto a grandes nombres como Carlos Santana, Bob Weir, Greg Alman, Dr. John, Willie Nelson, Jeff Beck, Joe Bonamassa, Elvin Bishop, Charlie Musselwhite, Magic Dick of J Giles, Taj Mahal, Los Lobos ou John Lee Hooker, que fixo a súa última aparición pública, para gravar o disco «Guilty of Love» de Tommy Castro.

Tommy será o encargado de pechar esta terceira edición do Mar de Blues.



Tal e como manifestou o Alcalde, Roberto Carrero, na presentación deste evento “é un festival cunha organización impecable e que traerá á Guarda a artistas moi recoñecidos que promoverán a música blues no municipio.”

O Concelleiro Fernando Reyes indicou na presentación deste festival que axudará a converter A Guarda nun punto de referencia musical na comarca do Baixo Miño, cun evento cultural que se celebra nun espazo patrimonial tan importante para a vila como é a Praza do Reló, dinamizando tamén a economía local en todos os seus ámbitos, posto que traerá á Guarda a numerosos asistentes de varios puntos de Galicia, España e Portugal.7

Óscar Martínez, membro da organización do festival, destacou os grandes músicos que visitarán A Guarda os días 7 e 8 de xullo, grandes referentes que farán as delicias dos asistentes coa súa calidade e experiencias musicais, coma é o caso de Tommy Castro & The Painkillers, Javier Turnes & The Hake Men, Mingo Balaguer & Pablo Sanpa ou Julián Maeso.

O festival dará comezo o venres 7 de xullo ás 22:30 horas na Praza do Reló coa seguinte programación:

VENRES 7 XULLO

  • 22:30 H. CONCERTO: JULIÁN MAESO

SÁBADO 8 XULLO

  • 12:00 H. SESIÓN VERMUT: JAVIER TURNES & THE HAKE MEN
  • 22:30 H. CONCERTO: MINGO BALAGUER & PABLO SANPA
  • 23:30 H. CONCERTO. TOMMY CASTRO & THE PAINKILLERS

Está pasando!