Presentación do XVI Ciclo Musical da BMS | © Concello de Pontevedra

A ‘Música de Bandas’ afinará o programa do Pontevedra Verán Fest co seu inicio esta fin de semana

6 Xullo 2023

A asociación cultural San Martiño, da que forma parte a Banda de Música de Salcedo, propón tres xornadas de música festiva na que prometen máis dunha sorpresa polo seu 35 aniversario


O programa do Pontevedra Verán Fest presumirá de ter un comezo por todo o alto este xullo coa coincidencia de até tres ciclos ou actividades diferentes: a Festa dos Libros, o Senda Fest e o XVI Ciclo Musical organizado pola Banda de Música de Salcedo.

O concelleiro de Festas, Demetrio Gómez, compareceu esta mañá en rolda de prensa para presentar a proposta da Banda de Música de Salcedo, composta por tres datas distintas (8, 9 e 15 de xullo) nas que encherán de música a alameda e o Teatro Principal.

O colectivo pontevedrés, compre 35 anos como entidade, e celebrará este aniversario por todo o alto. Así, a programación prevista é a seguinte:

Sábado, 8 de xullo – Alameda

  • 20.30h – Concertos da Banda de Música Xuvenil de Salcedo e da Banda de Música Xuvenil da escola da Banda A Unión de Guláns.

Domingo, 9 de xullo – Teatro Principal

  • 20.00h – Concerto de corais, coa Coral de Poio, a Polifónica de Barro e a Polifónica de Salcedo.

Sábado, 15 de xullo – Alameda

  • 20.30h – Concertos da Banda de Música ‘Belas Artes’ de Cangas e da Banda de Música de Salcedo.

Na presentación do nomeado programa estiveron os representantes da asociación musico-cultural San Martiño que engloba a Escola de Música de Salcedo, a Banda Xuvenil, a Coral Polifónica e A Banda de Música de Salcedo— Javier Rodríguez e Jorge Carballo, que destacaron a estrea, o 15 de xullo, da muiñeira Muiñadas do Batán, composta por Carlos Rodríguez, membro da Banda e fundador.

Ao igual que o resto de actividades incluídas na programación especial do verán, todos os concertos do ciclo serán abertos ao público. Este sábado, se a choiva impedira a súa celebración na alameda, o concerto sería trasladado á Casa Verde de Salcedo.

Está pasando!