© Skirl

A música emerxente chega ‘en clave local’ ao parque das Palmeiras de Pontevedra esta fin de semana

9 Xuño 2021

No marco da programación de verán ‘O son da rúa’, esta fin de semana comezan a serie de concertos nos que a música e o talento emerxente serán os protagonistas.

Os concertos terán lugar no parque das Palmeiras os venres e sábado desta semana e da seguinte.

Trátase do programa ‘En clave local’ que contempla actuacións dun total de 14 bandas, das cales 5 forman parte da 3ª edición do proxecto municipal Xeración Sónica, co obxeco de sacar á rúa e ofrecer ao público o traballo realizado ao longo do curso.

Venres 11 de xuño | 19:00 h.

  • Fuzz Faces, Skirl, Rodrigo Valiente

Sábado 12 de xuño | 19:00 h. 

  • Simpsonhead, Rancheras, Froalla, Haku, Faul

Venres 18 de xuño | 19:00 h.

  • Malecho, Liberad al Kraken, Denova

Sábado 19 de xuño | 19:00 h.

  • Las Gringas, Flip Corale, Dr. Excepto

Convén lembrar que todas as actividades de ‘O son da rúa’ se programan en espazos aforados, nos que son de obrigado cumprimento as normas de seguridade vixentes.

As actividades son de balde e non é precisa reserva.

Está pasando!