A música será esta semana a protagonista da programación de Nadal en Pontevedra

17 Decembro 2024

  • O día 19 terá lugar no Auditorio do Pazo da Cultura co concerto solidario do CMUS Manuel Quiroga en beneficio do Conservatorio de Utiel damnificado pola Dina, con entradas a 5 euros en Ataquilla.com
  • O Pazo da Cultura acollerá tamén o Concerto de Nadal da Oquestra Xove e Infantil da Sinfónica de Pontevedra, de balde o venres 20 e o de Carlos Núñez o sábado 21 con entradas en Ataquilla
  • No escenario do Teatro Principal e con entrada de balde terán lugar o Concerto de panxoliñas da Coordinadora de Corais os días 21 e 22 de decembro ás 20:00 horas, o concerto da Nadal de Banda de Música de Pontevedra o domingo ás 12;00 horas. e o luns 23 ás 20:00 horas, da man da Banda de Música de Salcedo
  • A última entrega de ‘Sons de Outono’ da man de David Taboada Trío será o sábado 21 ás 12:00 horas na Praza da Peregrina
  • No apartado de Animación de rúa da programación, a cativada poderá gozar de diferentes propostas ao longo da semana

A programación de Nadal continúa esta semana en Pontevedra con propostas para todos os públicos e a música como especial protagonista nos vindeiros días, xa que ata o día 23 serán moitas as agrupacións musicais locais que festexan os seus concertos de Nadal.

A primeira delas será o Conservatorio CMUS Manuel Quiroga que este ano celebrará a súa Gala de Nadal o vindeiro xoves 19 de decembro ás 19.30 horas no Pazo da Cultura coa solidaridade por bandeira, xa que a recadación íntegra da venda de entradas – e tamén da fila 0 – á venda en Ataquilla.com a un prezo de 5 euros, estará destinada ao Conservatorio de Utiel, damnificado pola Dina.



O venres 20 será a quenda das sección xove e infantil da Orquestra Sinfónica de Pontevedra, que actuarán de balde ás 19.30 horas no Pazo da Cultura.

O sábado 21 a música virá por tripicado comenzando ás 12:00 horas coa derradeira actuación do programa ‘Sons de Outono’ a cargo de David Taboada Trío, que terá lugar ás 12:00 horas de balde na Praza da Peregrina. Pola tarde poderemos gozar con Carlos Núñez ás 21:00 horas no Pazo da Cultura, con entradas á venda en Ataquilla.com e no Teatro Principal coa primeira xornada do Concerto de Panxoliñas da Coordinadora de Corais, que contará o domingo 22 tamén ás 20:00 horas coa segunda parte.



O domingo 22 terá lugar o concerto especial da Banda de Música de Pontevedra, ás 12:00 horas no Teatro Principal e con entrada libre, que pecharía con este un completo programa de outono no que realizaron máis de 12 actuacións en centros socioculturais, igrexas e datas sinaladas como o Samaín os Premios Feroz ou este de Nadal.

A Banda de Música de Salcedo actuará no Principal o luns 23 ás 20:00 horas con entrada libre.

No apartado para público adulto haberá tamén cabida para o humor co monólogo ‘Lo positivo de fracasar en el amor’, de Pablo Piñeiro o venres 20:00 horas no Principal con entradas á venda en pablopineiro.com



Por outra banda e máis orientada a cativada, a Animación de rúa incrementarase esta semana e pequenos e non tan pequenos poderán gozar con:

20 DE DECEMBRO

  • 18.00 h. Pasarrúas: O estraño caso do dentista da rúa Brasov polo Centro Histórico

21 DE DECEMBRO

  • 17.30 h. Obradoiros, música, maquillaxe e animación de rúa no Parque das Camelias
  • 18.00 h. Pasarrúas: Christmas Parade no Centro Histórico

22 DE DECEMBRO

  • 18.00 h. Pasarrúas: O Apalpador e a Banda do Monte Furado no Centro Histórico

23 DE DECEMBRO

  • 18.00 h Pasarrúas: O Apalpador e a Banda do Monte Furado no Centro Histórico
  • 17.30 h. Obradoiros, música e animación de rúa na Praza de Curros Enríquez

Pola súa banda O bosque dos Xogos, a tirolesa, a pista de xeo o tobogán de xeo e o tren, permanecen abertos desde o pasado 5 de decembro e para gozar deles só é preciso unticket de compra do comercio local por actividade.

Está pasando!