A Noite dos Calacús, unha xornada para dar forma ao Samaín

27 Outubro 2021

Este domingo, 31 de outubro, a partir das 18:00 horas, na Praza da Ferraría de Pontevedra, os máis cativos da casa poderán gozar do obradoiro de calacús situado nos soportais principais da praza, e que alí habitará durante boa parte do día.

Coa tardiña, celebrando o Samaín, poderemos dar forma a eses calacús laranxas que tanto medo pochen chegar a provocar se se lles outorga a mirada correcta.

Ademais, a agrupación Os de Algures realizarán varios pasarrúas deste a mesma hora, polas rúas e pazas do centro histórico, coa idea de animar á veciñanza nesta festividade de orixe celta, aos poucos recuperada, que marca o remate da tempada da colleita e o comezo do inverno.


Está pasando!