A nova edición da Meleira, a feira do mel, tamén abrirá a porta a coñecer o produto artesán e de proximidade do país

9 Agosto 2022

Trece postos entre apicultores, artesáns e produtores locais estarán entre o 11 e o 14 de agosto, na rúa Serra, con horario de 10:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas; menos o domingo, que será de 11:00 a 14:30 horas


Pontevedra terá por diante, na vindeira fin de semana, unha nova edición da feira do mel, A Meleira. A cita, que alcanza o seu XXXII aniversario, estará situada na rúa Serra (en fronte da Praza de Abastos), tal e como manda a tradición, entre os días 11 e 14 de agosto, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas, menos o domingo 14 que será en horario de 11:00 a 14:30 horas.

Trece postos entre apicultores, artesáns e productos de cercanía, volverán no primer fin de semán da semán grande da cidade. A listaxe de apicultores é a seguinte: Apícola Regueira, Abellamel, Abella Menciñeira, Alto do Barreiro, Mel do Ramallo, Meles JS, Apipolis e Mel Preciosa.

Pola súa banda, a feira tamén contará cos artesáns e productos de proximidade de Alcacén de Liñares, Avoamakika, Cervexa Meiga, Feito a Man ou Milkabra.


Está pasando!