Quinteto de vento Zoar | © Zoar

A nova tempada da Sociedade Filharmónica de Pontevedra inclúe dez concertos que se celebrarán entre outubro e maio

8 Outubro 2023

A nova tempada da Sociedade Filharmónica de Pontevedra inclúe dez concertos que se celebrarán no Teatro Principal e no Auditorio Afundación de Pontevedra, entre outubro de 2023 e maio de 2024.

O luns 30 de outubro, o quinteto de vento Zoar, con Rosalía Gómez Lasheras ao piano, abrirán a Tempada 2023-2024 cun concerto no Teatro Principal de Pontevedra, no que interpretarán obras de Richard Strauss, Poulenc e Louise Farrenc.

A programación de concertos da tempada 2023-2024 da Sociedade Filharmónica de Pontevedra é a seguinte:

30/OUT/2023

  • ZOAR (quinteto de vento) e ROSALÍA GÓMEZ LASHERAS (piano)
  • Obras de Richard Strauss, Poulenc e Louise Farrenc
  • 20:30 h. Teatro Principal de Pontevedra

06/NOV/2023

  • MISHA DACIC (piano)
  • Obras de Liszt
  • 20:30 h. Teatro Principal de Pontevedra

22/DEC/2023

  • QUARTET VIVANCOS (corda)
  • Primeiro Premio do Concurs Amics del Cambra Románica d’Andorra 2021
  • Obras de Mozart, Schubert e Shostakovich
  • 20:30 h. Teatro Principal de Pontevedra

29/XAN/2024

  • TRÍO PEDRELL (violín, violonchelo e piano)
  • Obras de Mendelssohn e Dvorák
  • 20:30 h. Teatro Principal de Pontevedra

01/FEB/2024

  • ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA
  • Director: Andrés Salado
  • Solista: Ludwig Dürichen (violín)
  • Obras de J. Torres e Shostakovich
  • En colaboración con Afundación
  • 20:30 h. Auditorio Afundación de Pontevedra

26/FEB/2024

  • ISABEL VILLANUEVA (viola) e FRANÇOIS DUMONT (piano)
  • Isabel Villanueva é Premio Ollo Crítico da Música Clásica de RNE 2015 e Premio Cultura de Música Clásica da Comunidade de Madrid 2019.
  • François Dumont é Quinto Premio no XVI Concurso Internacional de Piano Fryderyk Chopin de Varsovia (2005)
  • Obras de Clarke, Brahms e Shostakovich
  • 20:30 h. Teatro Principal de Pontevedra

15/MAR/2024

  • REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
  • Director: Baldur Brönnimann
  • Solista: Alfonso Mújica (barítono)
  • Obras de Ginastera, Márquez, Moncayo e Blas Galindo
  • En colaboración con Afundación
  • 20:30 h. Auditorio Afundación de Pontevedra

09/ABR/2024

  • JAEDEN IZIK-DZURKO (piano)
  • Primeiro Premio no Concurso Internacional de Piano de Santander (2022) e Primeiro Premio LXVII Concurso de Piano María Canals (Barcelona 2022).
  • Obras de Bartók, Liszt e Rachmaninov
  • 20:30 h. Teatro Principal de Pontevedra

06/MAI/2024

  • GARA QUARTET (corda)
  • Con instrumentos de época “Madrid 1770”
  • Obras de Boccherini, Haydn e Canales
  • 20:30 h. Teatro Principal de Pontevedra

17/MAI/2024

  • ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA
  • Director: José Trigueros
  • Solista: Marina Heredia (cantaora)
  • Obras de Ernesto Halffter e Falla
  • En colaboración con Afundación
  • 20:30 h. Teatro Principal de Pontevedra

Esta programación poderá estar suxeita a variacións. Neste caso, a Xunta Directiva da Sociedade trataría de avisar con suficiente antelación aos socios.

Cotas: Adultos (12 euros/mes). Xuvenís ( euros/mes). Para darte de alta como socio, podes facelo os días de concerto ou na páxina web filarmonica.org


Está pasando!