A nova xira de Asaf Avidan pasará polo Auditorio Mar de Vigo o próximo outono

28 Marzo 2023

  • O artista israelí regresa a Galicia a finais de ano para presentar o 1 de outubro Auditorio Mar de Vigo a súa nova xira en solitario, ‘Ichnology Solo Tour’
  • As entradas sairán á venda este venres 31 de marzo ás 10.00 horas a través de www.teuticket.com

Cinco anos despois da súa visita a Galicia, Asaf Avidan regresa o vindeiro outono para presentar no Auditorio Mar de Vigo o seu novo show en solitario, ‘Ichnology Solo Tour’, onde ademais de dar a coñecer o seu último traballo, ‘Anagnorisis’, publicado no verán do 2020, repasará a maioría das canciones da súa carreira musical.

A actuación de Asaf Avidan prevista para o 1 de outubro no Auditorio Mar de Vigo é dos primeiros concertos anunciados para o segundo semestre do ano, continuando na liña de programar xiras internacionais de artistas de primeiro nivel. Nos vindeiros meses pasarán polo Mar de Vigo artistas como Steve Vai o 4 de abril, Glenn Hughes o 13 de maio, !!! (chk chk chk) o 26 de maio, Curtis Harding o 30 de xuño ou Julieta Venegas o 8 de xullo, entre moitos outros.



Avidan é un artistazo dos pés á cabeza, que une maneiras de cantautor tradicional con sacudidas heterodoxas con vistas ao soul, o blues e o cabaret, valéndose da electrónica. Coa canción ‘One Day/Reckoning Song’ saltou á fama mundialmente sendo número 1 en 14 países; e aínda que o seu talento non se reduce a un só hit, esa canción axudoulle a dar a coñecer a súa música, pero non o desviou nin un milímetro das formulacións iniciais que mostraba xa no seu primeiro disco en solitario, en “Diffetent Pulses”, o seu primeiro disco en solitario que publicaba en 2012.

É un artista distinto, sedutor e cunha capacidade de sorprender que só teñen os grandes. A súa privilexiada voz ambigua, moi preto dos tons altos femininos. O seu rexistro vocal andróxino, ese blues hermafrodita tan evocador de Jeff Buckley como de Nina Simone, non deixa indiferente a ninguén e deixa asombrado a todos os que o viron en directo. A base de virar por medio mundo deixando pegada con tremendos concertos, foi aumentando a súa base de fans que non fixo máis que crecer, enchendo aforos cada vez máis grandes.

A súa actuación prevista para o 1 de outubro no Auditorio Mar de Vigo será a única parada en Galicia do artista israelí. As entradas sairán á venda o venres 31 de marzo ás 10.00 horas a través de www.teuticket.com


Está pasando!