A onomástica e a cultura popular daránse cita o 21 de outubro no Museo de Pontevedra

13 Outubro 2023

A VIII Xornada de Onomástica Galega explorará o vindeiro 21 de outubro o papel dos nomes propios e a súa riqueza na cultura popular.

O encontro anual que organiza o Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, coa colaboración do Museo de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra, prestaralle nesta ocasión atención especial á presenza da toponimia e a antroponimia no cancioneiro, aínda que tamén se terán en conta outros xéneros.

Haberá ademais tempo para coñecer experiencias dende o mundo educativo relacionadas co tema da xornada, que rematará cunha actuación musical de Tralo-Valo.

Para asistir é necesario formalizar a inscrición enviando un correo electrónico antes do 18 de outubro a publicacions@academia.gal no que figuren os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, teléfono. Ao final das xornadas entregarase un diploma de asistencia.

Pode consultar o programa completo aquí.

Está pasando!