A Orquestra Vigo 430 pecha a tempada do seu 20 aniversario coa participación da promesa moldava Alexandra Tirsu

28 Maio 2025

Este venres, 30 de maio, a Orquestra Vigo 430 despide a tempada do seu 20 aniversario cun programa cheo de emocións coa participación da violinista Alexandra Tirsu, sustituíndo a Nancy Zhou, que por motivos de saúde non poderá participar neste concerto.

A promesa moldava será a solista nesta última cita, que leva por título ‘Paisaxes sonoras – De Beethoven a Tchaikovsky’, e que estará conducida pola directora asociada da formación viguesa Isabel Rubio.

Gañadora do 3º premio e do premio do público no Concurso ARD de Múnich, Alexandra xa actuou con orquestras como a London Symphony ou a Bavarian Radio Symphony, e en escenarios como a Philharmonie de Berlín ou o Elbphilharmonie de Hamburgo. Toca un Stradivari de 1717 e escoitala en directo é unha experiencia que non se esquece.

A Orquestra Vigo 430 interpretará a peza ‘Doa Nobis Pacem’. Esta obra contemporánea, composta polo galego Juan Durán, convida o público á reflexión e a introspección a través da súa linguaxe emotiva.

O concerto para violín de Tchaikovsky é unha obra de extraordinaria beleza e desafío técnico, célebre tanto polo seu virtuosismo como pola súa profunda emotividade, ainda a pesar do sua polémica estrea no 1881.

O programa completarase coa Sinfonía nº 6 de Beethoven, coñecida como a “Pastoral”, unha auténtica celebración da natureza, tan querida de Beethoven, e da vida campesiña. O seu contido programático trasladaránnos apasaxes bucólicos de unha ledicia serena ou a experimentar o fragor dos lóstregos nas treboadas do verán.

Programa:

  • Juan Durán – ‘Dona Nobis Pacem’. Unha peza íntima e serena, escrita nos días máis duros da pandemia.
  • Tchaikovsky – Concerto para violín, Op. 35. Paixón, virtuosismo e beleza romántica nun dos concertos máis esixentes e celebrados do repertorio.
  • Beethoven – Sinfonía n.º 6 “Pastoral”. Un canto á natureza e á calma, perfecto para pechar esta tempada tan especial.

Entradas anticipadas á venda dende 16,30 euros en Ataquilla.com

Alexandra Tirsu (Violín)

Alexandra Tirsu é unha violinista moldava recoñecida internacionalmente pola súa expresividade artística e as súas galardoadas interpretacións, aclamadas por medios como The Strad, Classical Music Magazine e Süddeutsche Zeitung. Formouse con Pavel Vernikov en Viena e Janine Jansen en Sion, e colaborou con artistas como Sol Gabetta, Patricia Kopatchinskaja, Richard Galliano, ademais de actuar xunto a orquestras como a London Symphony, a Bavarian Radio Symphony ou a propia Orquestra Vigo 430.

Entre os seus próximos compromisos destacan o seu debut coa Korean Chamber Orchestra e actuacións en salas como a Isar Philharmonie de Múnic ou o Romanian Athenaeum de Bucarest. Alexandra Tirsu toca un violín Stradivari de 1717 (“Reifenberg”), cedido por The Stradivari Society, e é artista Thomastik-Infeld desde 2021.

Isabel Rubio (Directora)

Orixinaria de Murcia, Isabel Rubio é actualmente directora titular da Jove Orquestra de les Comarques Gironines “JOCG”, directora asociada da Orquestra Vigo 430 e a Xove Orquestra Sinfónica de Granada “JOSG” sendo ademais asistente residente da Xove Orquestra Nacional de España “JONDE”.

Resultou finalista no concurso para a praza de director asistente da orquestra Filharmónica de Berlín e de Kirill Petrenko. Gañadora do I Concurso de Dirección de Orquestra en Aspe, do I Concurso Internacional de Dirección Cidade de Villena e gañadora dos I Encontros sobre Dirección Orquestral en Bilbao. Así mesmo, no ámbito internacional, foi seleccionada para participar en diversos concursos de dirección en Francia, Portugal, Alemaña, Holanda e Italia, onde resultou semifinalista do Concurso Internacional Premio Guido Cantelli.

Dirixiu a Orquestra Nacional de España, Orquestra Sinfónica de Radio Televisión Española, Orquestra Sinfónica de Castela e León, Bilbao Orkestra Sinfonikoa, Orquestra de Estremadura, Orquestra Cidade de Granada, Orquestra de Córdoba, Orquestra Sinfónica de Málaga, Orquestra Filharmónica de Gran Canaria, Orquestra de València, Orquestra Sinfónica da Rexión de Murcia, Oviedo Filarmonía, Orquestra Sinfónica de Pontevedra, Orquestra de Antalya en Turquía, Pärnu Music Festival Orchestra en Estonia, Orquestra Federal da Comunidade Valenciana, Xove Orquestra da Comunidade de Madrid, Jove Orquestra Simfònica de Castelló, Xove Orquestra Nacional de España, Orquestra de Cambra Illa de Menorca, Orquestra de Cámara Sine Tempore e as bandas profesionais de Madrid, Bilbao, Alicante, Pontevedra, Santiago de Compostela, Almería, Vitoria e Valencia.

Foi directora asistente da Orquestra de Valencia e de diferentes producións operísticas como o Gato Montés no Teatro Campoamor de Oviedo dentro do Festival de Teatro Lírico Español.

Dirixe en festivais como o Pärnu Music Festival en Estonia, Festival Internacional da Semana de Música Relixiosa de Cuenca, o festival de órgano de Lugo, os Encontros de Composición da Orquestra de Valencia, o Ourearte Music Fest en Portugal, o Concurso Internacional de Violín CullerArts e o Festival Internacional de Música de Cine de Málaga.

Está pasando!