Presentación de Pontevedra Máxica Fest | © Concello de Pontevedra

A Pontevedra Máxica Fest encherá a cidade de expectación e ilusión esta fin de semana

10 Setembro 2024

  • Seis magos e magas procedentes de todo o Estado actuarán en moitos locais de lecer da cidade, ademais da Residencia da Terceira Idade de Campolongo, o Hospital Provincial e tamén no Mercado de Abastos
  • Este último destinado ao público máis pequeno e con temática Harry Potter
  • A gala será no Teatro Principal o sábado a partir das 19.30 horas. Esta é a única entrada que se cobrará no evento

Pontevedra acollerá dende o venres ao domingo a Pontevedra Máxica Fest, un evento de maxia que se celebrará en distintos locais de lecer da cidade, na residencia da Terceira Idade de Campolongo, no Hospital Provincial, no Mercado de Abastos e no Teatro Principal.

A concelleira de Promoción da cidade, Anabel Gulías agradeceu o compromiso do seu coordinador, o mago pontevedrés Yago Barral pola «especial sensibilidade de facer un evento 100% para Pontevedra» dirixido para todos os públicos.



A programación está dividida en varias áreas: maxia nos locais de lecer da cidade, maxia solidaria na residencia pública de Campolongo e no Hospital Provincial. Haberá unha gala no Teatro Principal e un evento no Mercado de Abastos dirixido ao público máis cativo.

O venres, 13 de setembro a programación é a seguinte:

  • 12.00 h. Residencia
  • 14.30 h. La Quadra
  • 18.00 h. El Patio Kinder Bar
  • 18.30 h. La Piada
  • 21.00 h. Estrella / Botica/ Gumer
  • 21.30 h. Cafetín / Umami Poke Restobar / Zentola
  • 23.30 h. La Gramola / Pasaje
  • 00.00 h. El Bruc / Banana
  • 00.30 h. MoMa Music Hall

Sábado, 14 de setembro:

  • 11.30 h. Mercado de Abastos: Obradoiro Harry Potter
  • 13.00 h. Merry’s
  • 14.00 h. Mr de Fóra / Kamelia Taberna / Sidrería Montañés
  • 14.30 h. Hangar 218
  • 18.00 h. Misto Bar
  • 19.30 h. Teatro Principal – Gala Pontevedra Máxica Fest. Entradas a partir de 12 euros en Ataquilla.com
  • 23.00 h. Merrys
  • 00.00 h. La Tienda de Clara

Domingo, 15 de setembro:

  • 12.00 h. Mercado de Abastos: Gala infantil
  • 13.00 h. Merry’s
  • 17.00 h. Hospital Provincial
  • 18.30 h. Gramola
  • 19.30 h. Rumore

Os magos que participarán na Pontevedra Máxica Fest son: Apolo JR, Yago Barral, Álex de las Heras, Sena, Martilda e Sara Rodríguez.

Está pasando!