A primeira sesión do Clube do Disco de Pontevedra abrirase co ‘Piknik Caleidocópico’ de Los Negativos

8 Abril 2026

O sábado 11 de abril comeza en Pontevedra o Clube do Disco. Será a partir das 20:30 horas en Nasantiña (A Santiña, 35 – O Burgo).

Unha vez ao mes picarase un disco en formato vinilo e comentarase a historia do mesmo, as súas cancións, as curiosidades que rodearon a súa creación, etc.

Cada sesión será comentada por unha persoa distinta e por discos de todo tipo de xéneros, tanto actuais como outros históricos.

A primeira sesión, conducida por Gonzalo Bea, ábrese co ‘Piknik Caleidocópico’ de Los Negativos, coincidindo co seu corenta aniversario

Está pasando!