A primeira sesión dos scape room organizados pola Concellaría de Xuventude de Vilagarcía trasládase ao 18 de xullo

13 Xullo 2022

  • A Concellería de Xuventude de Vilagarcía de Arousa pospón ata o día 18 de xullo a celebración da primeira das sesións de scape room organizadas para a rapazada de 13 a 17 anos, que inicialmente se ía a desenvolver o luns, 11 de xullo
  • Dado que aínda quedan algunhas prazas dispoñibles, os interesados en participar deberán realizar unha preinscrición (indicando nome e apelidos, teléfono de contacto e data do escape room), a través do mail info@territorio-comanche.com
  • A inscrición nestas sesións son de balde

O primeiro dos dous scapes previstos titúlase “Estrelas”. Dende unha perspectiva de igualdade, abordará a temática das mulleres que tiveron especial relevancia na historia e que os xogadores deberán ir descubrindo. A actividade a realizar finalmente o luns 18 de xullo, desenvolverase seguindo o formato propio dos scapes, establecendo grupos de cinco persoas que terán que ir seguindo as pistas e resolvendo os enigmas que lles facilitará a organización e que os levará a percorrer diferentes escenarios da contorna urbana e natural da vila. O horario será de 11:00 a 14:00 horas, aproximadamente. Os interesados en participar deberán preinscribirse a través do email info@territorio-comanche.com

A segunda sesión, titulada “Noite Meiga”, celebrarase o 12 de agosto e versará sobre os mitos e lendas de Galicia. Neste caso, o prazo para anotarse vai do 18 ao 26 de xullo, seguindo o procedemento de preinscirción anteriormente descrito.

Por outro lado, o luns 11 dará comezo o campamento tecnolóxico Tecnoverán, organizado tamén pola Concellería de Xuventude para a mocidade desta mesma franxa de idade. Celebrarase durante toda a semana nas dependencias do Centro de Formación de Matosinhos en horario de mañá.

Está pasando!