A programación de Nadal na Guarda arranca este venres día 2 de decembro co acendido do alumeado na Praza do Reló

30 Novembro 2022

O Concello da Guarda presenta un ano máis a programación de Nadal, que arrancará xa na xornada deste venres día 2 de decembro co acendido do alumeado de Nadal, un acto que terá inicio ás 18:00 horas cun pasarrúas dende a Praza Avelino Vicente e que rematará na Praza do Reló co acendido do alumeado e espectáculo de pompas ás 18:30 horas.

A programación do Nadal continúa as vindeiras semanas con multitude de actividades de todo tipo e para todas as idades, nas que se inclúen teatro familiar e adulto, concertos, maxía, animación de rúa, cinema, deporte e xa no mes de xaneiro a tan agardada Cabalgata de Reis.

DECEMBRO 2022

Venres 2 de decembro ás 18:30 horas na Praza do Reló

  • Acendido de Nadal
  • Espectáculo de Pompas
  • Pasarrúas previo dende Avelino Vicente ás 18:00 horas

Domingo 4 de decembro ás 18:00 horas no Centro Cultural

  • Teatro Familiar: Superheroe de Fran Rei

Venres 9 de decembro ás 20:30 horas no Centro Cultural

  • Teatro para público adulto: ‘The Witch’ da Compañía Diana Sieira

Sábado 10 de decembro ás 16:00 horas no Clube de Maiores

  • Concerto de Coro e Grupo de Gaitas do Clube de Maiores, Xubilados e Pensionistas da Guarda

Sábado 17 de decembro ás 12:00 horas na Praza de Avelino Vicente

  • Pandereteiras Cantos de Nadal cos grupos Coiro Vello, Carainas, Paliqueiras e Do Lusco ó Fusco

Domingo 18 de decembro ás 17:00 horas na Igrexa Parroquial

  • Concerto de Panxoliñas

Mércores 21 de decembro ás 19:30 horas no Centro Cultural

  • Concerto de Nadal de Vento e Coro dos Alumnos do Conservatorio

Do 22 ao 24 de decembro polas rúas da Guarda

  • Trasnos e paxes do Nadal
  • Días 22 e 23 de 17:00 a 20:00 horas. Día 24 de 11:30 a 14:30 horas

Xoves 22 de decembro ás 20:00 horas no Centro Cultural

  • Concerto de Nadal de Corda dos alumnos do Conservatorio

Martes 27 de decembro ás 18:00 horas no Centro Cultural

  • Mago Rei Midas

Mércores 28 de decembro ás 17:00 horas no Centro da Vila

  • Animación Itinerante

Xoves 29 de decembro ás 20:00 horas no Centro Cultural

  • Concerto ‘Ventos de Nadal’ da Agrupación Musical da Guarda

Venres 30 de decembro ás 18:00 horas no Centro Cultural

  • Cinema Infantil

Sábado 31 de decembro ás 17:00 horas na Praza de Avelino Vicente

  • San Silvestre

XANEIRO 2023

Do 3 ao 5 de xaneiro polas rúas da Guarda

  • Carteiros do Nadal
  • Días 3 e 4  de 17:00 a 20:00 horas. Día 5 de 11:30 a 14:30 horas.

Martes 3 de xaneiro pola tarde polas rúas da Guarda

  • Circo de lume

Xoves 5 de xaneiro pola tarde polas rúas da Guarda

  • Cabalgata e visita dos Reis Magos

Sábado 7 de xaneiro ás 17:00h na Alameda

  • Gladiator Kids

Está pasando!