A programación de verán do Concello de Pontevedra comeza este xoves con ‘O son da rúa’

3 Xuño 2021

“Pontevedra no verán soa a paxaros, a nenos, a nenas, a música, a narración oral e a teatro” afirmaba esta mañá a concelleira de Festas e Dinamización Sociocultural, Carme da Silva, na presentación da programación de verán baixo o lema ‘O son da rúa’.

Ademais do son, a concelleira asegurou que a cidade “tamén ten unha luz diferente, que é a luz que lle dá toda esa programación pero tamén a luz que lle dá toda a xente que participa nesas actividades tanto na forma directa como a xente que desfruta dela”. Da Silva explicou que a escolla deste lema responde ás particularidades do modelo Pontevedra, indicando que “en Pontevedra os espazos públicos non soan a coches conxestionados facendo barullo, senón que Pontevedra soa a persoas, a nenos, a nenas, e a paxaros”.

A concelleira afirmou que “este ano non nos chegaban a nada dous meses”, tras a experiencia da programación do pasado ano “Pontevedra vívese, que contara con máis de 300 compañías e xuntara máis de 2.000 persoas entre artistas e persoal técnico, polo que “decidimos que este ano a programación de verán comeza en primavera”. Concretamente, comeza o xoves 3 de xuño co primeiro dos concertos do programa ‘A Banda en pequeno formato’.

Carme da Silva fixo fincapé en que Pontevedra xa demostrara o pasado ano que “se poden programar actividades de forma segura diversificando os espazos e ampliando o número de espazos nos que se desenvolven as actividades”. Así, segundo o a situación sanitaria, todas as actividades de ‘O son da rúa’ prográmanse de partida en espazos aforados, nos que serán de obrigado cumprimento as normas de seguridade vixentes. Ao igual que no pasado ano, as actividades serán de balde e non será precisa reserva.

Só no mes de xuño, poranse en marcha 5 programas e pasarán polos espazos públicos da cidade máis de 25 grupos e compañías galegas. Así, todos os xoves de xuño pasarán polo palco da música da Alameda diferentes seccións da Banda de Música de Pontevedra a través do programa ‘A Banda en pequeno formato’. Seguiralle o programa ‘Audiovisións’, que comeza o venres 4 nas pistas de Campolongo, e que aúna audiovisual e música; e o venres da seguinte semana, iníciase o programa de concertos de bandas emerxentes ‘En clave local’. O 18 de xuño, e ata o domingo 27, terá lugar ‘Sete Falares’ con actuacións programadas todos os días na praza da Predreira e no palco da música da Alameda; e na última semana chega o programa ‘Música contada’ con concertos didácticos para público familiar.


Presentación de ‘O son da rúa’ | © Concello de Pontevedra

Programas, datas e horarios

A banda en pequeno formato | Palco da música da Alameda | Xoves 3, 10, 17 e 24 de xuño, ás 20:00 horas.

  • Xoves 3 de xuño
    • ‘Clásicos de antes e agora’
  • Xoves 10 de xuño
    • “Vaia Circo”, coa colaboración de Odaiko Percusion Group
  • Xoves 17 de xuño
    • “Gala Lírica”, cos solistas: Marina Penas Chaves (Soprano) e Pedro Martínez Tapia (Barítono).
  • Xoves 24 de xuño
    • “Concerto Popular”

Audiovisións | Pistas de Campolongo | Os días 4, 5 e 6 de xuño, ás 22:30 horas.

  • Venres 4 de xuño
    • ‘Hedwing and the Angry Inch’ (USA, 2001).
  • Sábado 5 de xuño
    • ‘Sisters with Transistors’ (UK, 2020).
  • Domingo 6 de xuño
    • Sesión de improvisación visual e sonora a cargo de Colapso Jam (Che Garrido, LCTRCT,  Xiselr) + m8 (Cris Lores, Belén Veleiro, Lúa Zalamera).

En clave local | Parque das Palmeiras. Venres 11, sábado 12, venres 18 e sábado 19 do mes de xuño ás 19:00 horas.

  • Venres 11 de xuño
    • Fuzz Faces, Skirl, Rodrigo Valiente 
  • Sábado 12 de xuño
    •  Simpsonhead, Rancheras, Froalla, Haku, Faul
  • Venres 18 de xuño
    • Malecho, Liberad al Kraken, Denova
  • Sábado 19 de xuño
    • Las Gringas, Flip Corale, Dr. Excepto

Sete Falares | Palco da música da Alameda e praza da Pedreira | Do 18 de xuño ao 27 de xuño.

  • Venres 18 de xuño
    • 18:00h. Palco da Música da Alameda: Pavís Pavos
    • 21:00h. Praza da Pedreira: Paula Carballeira
  • Sábado 19 de xuño
    • 21:00h.  Praza da Pedreira: Celso Fernández Samartín
  • Domingo 20 de xuño
    • 21:00h. Praza da Pedreira: Matrioskas
  • Luns 21 de xuño
    • 21:00h. Praza da Pedreira: Charo Pita
  • Martes 22 de xuño
    • 21:00h . Praza da Pedreira: Divas de Diván
  • Mércores 23 de xuño
    • 21:00h.  Praza da Pedreira: Lois Pérez
  • Xoves  24 de xuño
    • 21:00h. Praza da Pedreira: Cris de Caldas
  • Venres  25 de xuño
    • 19:00h. Palco da Música da Alameda: Miguel Horta
    • 21:00h . Praza da Pedreira: Antonio Fontinha e Sole Felloza
  • Sábado  26 de xuño
    • 12:00h.  Palco da Música da Alameda: Eugenia Manzanera
    • 13:30h. Palco da Música da Alameda: Vermú de historias,  Sole Felloza
    • 19:00h. Palco da Música da Alameda: Antonio Fontinha
    • 21:00h.  Praza da Pedreira: Miguel Horta, Eugenia Manzanera e Martha Escudero
  • Domingo 27 de xuño
    • 13:30h. Palco da Música da Alameda. Vermú de historias, Martha Escudero
    • 21:00h.  Praza da Pedreira. Gala de clausura: Eugenia Manzanera, Antonio Fontinha, Miguel Horta, Martha Escudero, Sole Felloza

Música Contada | Palco da música da Alameda | Do 28 de xuño ao 1 de xullo ás 12:30 horas.

  • Luns 28 de xuño
    • Odaiko Sinfónico
  • Martes 29 de xuño
    • Xosé Lois Romero, Suso Vaamonde e os 24 instrumentos populares
  • Mércores 30 de xuño
    • “A música das buguinas” con Mamá Cabra & Bellón Maceiras
  • Xoves 1 de xullo
    • Suelen Estar Quartet cuarteto de violín, viola, cello e contrabaixo
Está pasando!