Presentación da programación estival de Redondela para este verán | Concello de Redondela

A programación estival de Redondela inclúe moita música, folk galego, Berete Rock, Festival de Artistas de Rúa e Entroido de Verán

8 Xullo 2025

  • Entre a oferta para este verán contamos cunha homenaxe a Suso Baamonde, concertos moi variados con Chocolate Sexy, Noite ou Chaleco Reflectante, Treixadura e Tanto Nos Ten o Día de Galicia, entre outras propostas.
  • Celebraranse grandes certames como o XII Berete Rock, o X Festival Internacional de Reboreda “Carballo das Cen Pólas” ou o concerto XXX aniversario de Nocheni Metal Band. A Rondalla de Redondela pechará a programación de verán o 6 de setembro na Praza da Torre.
  • O XXVI Festival de Artistas de Rúa será o 1 de agosto e o XXVI Entroido de Verán o 23 de agosto con Carlos Jean, The Rapants, Gala Drag e actividades para o público infantil e familiar.
  • Toda a oferta cultural da programación é de balde “co obxectivo de achegar a música e a arte a todo o público”, sinala a alcaldesa Digna Rivas.

A alcaldesa Digna Rivas e a concelleira de Cultura, Rita Pérez Táboas, presentaron a programación musical e artística de Redondela para este verán xunto coa asociación Berete Rock. Desde xullo ata setembro contarmos cunha ampla e variada proposta “con protagonismo para os artistas locais, así como grupos e solistas de recoñecido prestixio”, sinala a alcaldesa Digna Rivas. Os concertos celebraranse tamén en diferentes localizacións do municipio “para que a oferta cultural chegue ás distintas parroquias”.

A música galega será unha das grandes protagonistas. O 11 de xullo celebrarase unha Homenaxe a Suso Vaamonde con concertos de Os Carunchos, Tino Baz e Catro nun Zoco. Será na Alameda Rosalía de Castro de Chapela ás 21.00 horas.

A seguir, o 12 de xullo, actuarán Airiños do Mar de Teis na Praza da Torre ás 22.00 horas. No mesmo escenario actuarán o 18 de xullo o grupo As Tareixas e convidados, que presentarán o disco “Santo Mandil” ás 18.00 horas.

O 25 de xullo, día da patria galega, Redondela celebrará esta festividade con dous grandes concertos. A praza da Torre acollerá ao grupo Tanto Nos Ten, que actuará a partires das 22.00 horas, mentres que no paseo marítimo de Chapela o protagonismo será para Treixadura, cun concerto a partires das 22.45 horas.

Ao día seguinte, o 26 de xullo, celebrarase no torreiro de Reboreda o X Festival Internacional “Carballo das Cen Pólas” a partires das 21.00 horas. Tamén no torreiro de Reboreda actuará o 5 de agosto o grupo de música tradicional Carapaus.

O rock chegará da man de Chocolate Sexy o 19 de xullo á Praza da Torre cun concerto que comezará ás 22.00 horas. Seguiralles a banda Chaleco Reflectante o 26 de xullo no mesmo escenario e á mesma hora.

Unha das citas máis agardadas, o Berete Rock, celebrarase o 2 de agosto. O evento chega á súa XII edición con grandes bandas. Barrytown, Stoned At Pompeii, Tregua, Hey Hematoma, No One Alive e Storrentos soarán desde as 20.30 horas no paseo marítimo de Chapela.

O XXVI Festival de Artistas de Rúa inaugurará a programación de agosto, será o venres 1, desde as 19.00 horas, polas rúas da vila e a alameda Castelao cunha ampla oferta de actuacións sorprendentes para todos os públicos.

O mes de agosto continuará cun dobre concerto o día 2 na praza da Torre. A cantante e guitarrista Noite ofrecerá as súas versións e temas propios de pop, rock e indi desde ás 21.30 horas. E ás 22.30 será a quenda de The Teta´s Van.

O mes de agosto completarase co concerto do XXX aniversario de Nocheni Metal Band. Será o venres 8 ás 22.00 horas na praza da Torre. Ao día seguinte e no mesmo escenario actuarán Jay & The Smoking Machines tamén ás 22.00 horas.

Tamén estarán na praza da Torre os rokeiros Hey Hematoma para revivir os grandes temas de Siniestro Total. Será o sábado 16. Ao día seguinte, o 17 de agosto, será a quenda da agrupación Abeleiras que actuará ás 21.30 horas.

Non faltará o ritmo flamenco co dúo Pa Ti Na Má, que actuará na alameda Rosalía de Castro de Chapela o 15 de agosto ás 22.00 horas. Na mesma alameda ofrecerá un concerto o grupo Airiños da Peneda o venres 22, ás 22.00 horas.

A programación musical continuará na praza da Torre con Nuevo Plan o 29 de agosto ás 22.00 horas, o Festival de Bandas de Música o sábado 30 desde as 21.00 horas e a Rondalla de Redondela que pechará a programación de verán co seu tradicional concerto o 6 de setembro ás 21.30 horas.

Entroido de Verán con Carlos Jean

Unha das citas máis agardadas da provincia é o Entroido de Verán de Redondela, que se celebrará o 23 de agosto cun gran cartel. No campo da feira estarán Carlos Jean, o grupo The Rapants e a tradicional sesión de picadiscos.

Un ano máis o evento contará coa Gala Drag e tamén actividades e animación para o público infantil e familiar.

A concelleira de Cultura confía en que “tanto a veciñanza como os visitantes disfruten destas actividades, unha programación con música de diferentes estilos e pensada para todo tipo de públicos”.

Está pasando!