A Ruta do Viño Rías Baixas organiza a segunda edición da Cata Sensorial en Pontevedra e Salvaterra de Miño

6 Xuño 2022

Pontevedra e Salvaterra do Miño acollerán a segunda edición da Cata Sensorial, organizada polo Ruta do Viño Rías Baixas e que contará coa colaboración de Anfaco- CECOPESCA. As citas serán os venres, 10 e 17 de xuño, ás 20 h. na sede pontevedresa do Consello Regulador D.O. Rías Baixas e na Casa do Viño de Salvaterra de Miño, respectivamente. O aforo está limitado a 25 persoas en cada unha das sesións. As entradas xa se atopan dispoñibles en Ataquilla.com e terán un custo de 12 €/persoa.

Tras o éxito da primeira proposta da Cata Sentorial organizouse esta segunda edición na que os participantes poderán coñecer o universo vinícola da D.O. Rías Baixas a través dunha cata a cegas e a partir dos cinco sentidos. Unha actividade que estará dirixida polo catador, Nacho Costoya. Así, os asistentes terán a oportunidade de probar diferentes tipoloxías de viños como un monovarietal, un plurivarietal, espumoso, tinto e algunha elaboración especial… Todo iso maridado conservas de Anfaco-CECOPESCA.

O obxectivo desta iniciativa será espremer ao máximo os sentidos de todos os participantes. Empezando co oído, desde descorche da botella ata o ruído do viño deslizándose pola copa. Continuando co olfacto, cuxo papel será moi relente: descubrir a que cheiran diferentes viños da D.O. Rías Baixas. E terminando co gusto, que permitirá aos participantes recoñecer ou trasladar ao padal os diferentes aromas que recoñeceron anteriormente, durante a fase olfativa destes viños. En todo momento estarán acompañados polas explicacións do catador, quen exercerá como mestre de cerimonias e fío condutor fundamental nesta Cata Sensorial. Todo iso aderezado cun sutil ambiente musical. Será unha experiencia para todos os sentidos.

Está pasando!