“Microspectiva dun Marica Millennial” | Incendiaria

A Sala Ártika acollerá en xuño o I Ciclo de Danza e Artes do Movemento

25 Maio 2021

A Sala Ártika continúa coa programación teatral en formato ciclo a anuncia o I Ciclo de Danza e Artes do Movemento “CADM”, acollendo a programación de tres espectáculos de danza durante os tres primeiros fins de semana do mes de xuño.

A compañía Provisional Danza será a encarga de comezar este ciclo cun espectáculo formado por tres solos das artistas Tatiana Chorot, Cristian Lopez e Sebastián Calvo. Estes tres espectáculos independientes conforman unha perfecta velada de danza denominada “Solos”, dunha hora de duración, para o venres 4, o sábado 5 e o domingo 6 de xuño ás 20:00 h.

“Solos” (Volando) | Provisional Danza

O 11, 12 e 13 de xuño estará a compañía incendiaria con “Microspectiva dun Marica Millennial”. Un espectáculo íntimo e cargado de poesía desde o que cuestionar certezas impostas que predestinan a construción da identidade. A partir da música e as artes do movemento, “MMM” ofrece un espazo de transo no que redescubrir as raíces e refundar o presente. Coa reivindicación da propia identidade e a memoria como principal motor para a toma de consciencia e como impulso creador, o resultado da peza é unha viaxe sensorial que camiña polos lindes da performance, a instalación, a música, as artes do movemento e a creación escénica contemporánea.

“Microspectiva dun Marica Millennial” | Incendiaria

Finalizará este ciclo o artista Javier Martín co seu espectáculo “Teorema”. Un proxecto escénico e de investigación de Javier Martín que indaga nos sons e movementos do interior del corpo, para rescatar memorias e propoñer novas sensibilidades.

“Teorema” | Javier Martín

Máis información sobre o I Ciclo de Danza e Artes do Movemento, espectáculos, prezos e horarios en salartika.com

Está pasando!