A Sala Ártika retomará a actividade o próximo venres 19 de febreiro

8 Febreiro 2021

O próximo venres 19 de febreiro a Sala Ártika prevé a súa volta a actividade despois do parón na súa programación debido ás novas medidas adoptadas polo comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da crise sanitaria.

Ártika, que comezara á programación deste novo semestre o propio 2 de xaneiro co peche do Festival Pequeártiko de Nadal, Festival que este ano cumpriu 6 anos e que nin a COVID conseguiu frear, viuse afectada polas novas medidas sanitarias e, xunto con tódolos espazos culturais de Galicia, viuse na obriga de pospor a súa programación.

Dende a sala, xunto coas compañías afectadas, procuraron datas alternativas para realizar as función adiadas coa finalidade de que non se visen máis afectadas nun ano no que o sector cultural está pasando polo seu peor momento.

A programación para estes primeiros meses do ano segue apostando por unha liña de continuidade, abarcando teatro, danza e música, consolidando deste xeito a todo tipo de públicos a través das artes escénicas cos mellores espectáculos que están circulando por Galicia e fóra das nosas fronteiras nestes momentos.

A compañía de Carmen Werner, Provisional danza, que recibiu a Medalla de Oro ao Mérito nas Bellas Artes 2020, foi unha das compañías afectadas por estas medidas e, finalmente, estarán na sala Ártika o xoves 25 e venres 26 de febreiro co seu espectáculo “¿Quien eres?”. Esta función está incluída dentro do circuíto da Rede de Teatros Alternativos, como tamén o está o espectáculo que retoma a programación o venres 19, sábado 20 e domingo 21; “Lacura” de Impulso.

Destacamos, no ámbito familiar, á compañía Xixonesa ZigZag Danza con “Jardín Secreto”, aos madrileños Tarambana Espectáculo co musical “Emoticolors” e á compañía Luna Teatro Danza coa súa propia versión de “Blancanieves”.

No referente ás compañías galegas, Borja Fernández presenta o seu espectáculo “Salvador”. Este céntrase na figura dos avós, concretamente nos avós galegos emigrados a mediados do século pasado a Sudamérica, e do seu o impacto na historia recente na configuración das comunidades, familias e individuos contemporáneos.

E, como peche do trimestre, A Panadaría pecha a xira galega do seu espectáculo multipremiado “Elisa e Marcela”. A obra foi galardoada como mellor espectáculo nos Premios María Casares 2018 , e tamén mellor dirección, mellor texto orixinal e mellor actriz protagonista (Areta Bolado) nos mesmos premios. Premio Luísa Villalta para iniciativas culturais pola igualdade. XIV Premio LGTB Marcela y Elisa entregado polo Colectivo Alas A Coruña. Premio do público MIT de Ribadavia 2018 e Fetega de Carballiño 2018. Premio ex aequo a Mejor actriz (Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman) no Fetega 2018.

O prezo das entradas para os espectáculos infantis é de 8,00 € en venta anticipada e 10,00 € na billeteira, mentres que para os espectáculos para público adulto é de 10,00 € e 14,00 € respectivamente. Dende a propia sala recomendan a compra anticipada debido a actual redución do aforo na sala.

Está pasando!