Presentación da mostra ‘Do final e do comezo’ | © Concello de Pontevedra

A Sala de Exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra acolle unha nova edición da mostra colectiva ‘Do final e do comezo’ con traballos finais do Grao en Belas Artes

8 Xaneiro 2024

  • A inauguración terá lugar mañá martes 9 ás 19.30 horas e, de xeito previo ás 18:00 horas haberá unha visita guiada para medios
  • Con pezas de 27 artistas, permanecerá visitable ata o 11 de febreiro no horario habitual da sala
  • Para dinamizala e achegar ao público a arte contemporánea, contará con visitas guiadas e obradoiros que será publicados próximamente para poder reservar en apuntate.pontevedra.gal

Demetrio Gómez, edil de Cultura do Concello de Pontevedra, presentou esta mañá unha nova edición da mostra ‘Do final e do comezo’ acompañado polo decano da Facultade de de Belas Artes Xosé Manuel Buxán e Alexandra Rey en representación da equipa de VacíoCero , que leva a cabo o comisariado.

“Volve este proxecto espositivo a Pontevedra e fainos moita ilusión acoller a obra destes 27 artistas na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura. Uns traballos que describen, definen e amosan como é unha xeración de artistas desta Facultade de Belas Artes. É un momento importántísimo, que supón unha porta, un paso: remata a etapa de formación cos cambios que eso supón, persoas aínda novas que comezaron a súa formación coido que con moitísima ilusión e gañas e foro nao longo da facultade evolucionando, ata agora que o que fan e abrirse a novos proxectos.

A arte contemporánea as veces xera certas dificultades no público xeral para descubrila, desfrutala. As veces faltan os medios para desfrutala, por iso por segundo ano consecutivo queremos que esta mostra teña visitas guiadas para aprender a perderlle o medo e aprender a gozar a da arte contemporánea.

Serán o domingo 21 de xaneiro, sábado 3 de febreiro e domingo 11 de febreiro ás 12:00 horas, e pola semana os mércores 17 e 24 de xaneiro e 7 de febreiro ás 17.30 horas.

Estas visitas ao igual que os obradoiros, estarán dispoñibles próximamente na plataforma apuntate.pontevedra.gal para formalizar as inscricións de balde. Tamén haberá visitas en horario matinal concertadas con centros de ensino.”



Pola súa banda, Xosé Manuel Buxán quixo agradecer ao Concello as facilidades de interolución na persoa do concelleiro de Cultura que está a ser moi doada e tamén agradecer en xeral ao Concello porque este é un dos proxectos que amosan os vencello que ten que haber entre a Universidade e a sociedade pontevedresa. A Facultade de Belas Artes sempre tentou estar moi integradas na sociedade e nos espazos expositivos de todas as cidades de Galicia, non só en Pontevedra pero lóxicamente nos debemos á cidade na que estamos.

Esta é a exposición que organizamos anualmente no Pazo da Cultura, que inaugurou por certo o decano Juan Carlos Meana, recentemente falecido, foi un proxecto que el inicia e polo que foron pasando diferentes profesores/as e comisarios/as. Nos últimos anos, démoslle a volta e procuramos que os comisariados veña da man de profesoras asociadas ou exalumna como o caso de Alexandra. Amplifica a rede de posibilidades do que significa Belas Artes.

Traballamos moito nas publicacións e no deseño de catálogos con deseñadoraqs e deseñadores que fixeron Belas Artes e que teñen agora empresad propias na cidade, etc. Iso fai que amplifiquemos a rede de recoñecemento a todos os sectores profesionais que xorden de Belas Artes. Sempre editamos, e en breve presentaremos o catálogo da pasada edición e este é un esforzo do Concello de Pontevedra, de Belas Artes e todo en aras e a prol desas exalumnas e exalumnos aos que lles damos valoración e recoñecemento do que significa o seu traballo.

Acabamos de estar hai moi pouco na presentación dun cómic dunha exalumna nunga editorial galega. Eso está dando mostras todo o tempo, nas editoriais, exposicións, galerías, etc. estamos a ver como agromas os froitos do estudantado de Belas Artes e para nós iso é moi importante poque non somos ó unha fábrica expedendedora de títulos, senón un gran dinamizador, catalizador cultural”.

A exalumna e comisaria Alexandra Rey salientou que “cando todas as partes que forman parte dun proxecto queren que un proxecto saía adiante, sae e sae ben. No meu nome e da miña equipa VacíoCero queremos agradecer toda a aposta que facedes ano tras ano por este proxecto e agardamos que esta exposición siga sumando moitos anos.

Como alumna e xestora considero que é fundamental. Esta exposición no é unha liña máis nos currículosos do alumnado qu sae da facultade. É unha primeira toma de contacto, unha primeira relación directa co mundo laboral no ámbito cultural. Na facultade estamos nunha burbulla e cando chega este momento de interactuar con equipos de montaxe, relación con institucións públicas, todo iso é un choque tremendo e é fundamental. Estamos contentas e orgullosas de poder formar parte.

Gustaríame compartir con vós que este ano a esencia da exposición é unha necesidade brutal de indagar o punto de orixe. Todas as alumnas – porque e maior parte son rapazas- están a buscar cal é o seu espazo firme: onde estou pegando o meu pé e por onde vou comezar a camiñar. Hai moitísima variedade, porque esa é a labor do comisariado, de facer unha narrativa coherente con proxectos tan diversos, con temáticas moi distintas e ligadas con conceptos moi emocionais é un reto e unha reponsabilidade. Non hau unha única temática nin unha liña estética concreta na convocatoria. Amosamos unha escolla do que a nova xeración de artistas está a demandar do espazo expositivo, a ese cubro branco que moitas veces dá moito medo.

Xerar espazos onde o público – a travé das visitas guiadas e obradoiros impartidos polos propios artistas – poida conectar directamente cos propios artistas, as obras, etc e atopar nese espazo un lugar de pertenza”.

A comisaria no quixo deixar de convidar a todo o mundo a inauguración mañá martes ás 19.30 horas e a os medios de comunicación á visita previa ás 18:00 horas.


Está pasando!