A skate-praza de Raíña Vitoria acollerá este xullo a primeira Festa do Patín para fomentar o deporte e a socialización

13 Xullo 2023

Destinadas a rapaces de entre 7 e 12 anos en diante, haberá distintas sesións de aprendizaxe —tanto de iniciación como de mellora— á hora de practicar co skate


A skate-praza de Raíña Vitoria acollerá a primeira Festa do Patín. Promovidas polo Concello de Pontevedra, serán un total de dez xornadas distintas nas que se fomentará o deporte individual e a actividade física entre a mocidade pontevedresa a través duns obradoiros impartidos pola escola de skate Urban Culture Factory.

Destinados a rapaces e rapazas de entre 7 o 12 anos (ou máis), os obradoiros estarán adaptados segundo a asistencia e a idade do alumnado —haberá até 20 sesións distintas— co fin de iniciarse ou mellorar os trucos que poden ser realizados nun skate, fomentando unha curva de aprendizaxe divertida e individualizada para cada alumno ou alumna.



As datas escollidas para as xornadas son as seguintes: 17, 18, 19, 21, 22, 24, 25, 26, 28 e 29 de xullo; cunha primeira quenda de 10.00 a 11.30 horas (para participantes de 7 a 12 anos) e unha segunda quenda de 12.00 a 13.30 horas (de 12 en diante).

Ademais, haberá unha quenda especial de tarde, de 17.00 a 18.30 horas os días 20, 21, 27 e 29 de xullo; sumando así até 41 horas de formación.

Para a actividade de skate serán postas a disposición das crianzas oito skates de diferentes medidas para alcanzar todo tipo de usuarios, ademais dun equipo de protección que coidará e manterá seguros a todos os participantes.

Para gozar da Festa do Patín só será preciso achegarse até a skate-praza no horario programado para os obradoiros.

Está pasando!