A terceira edición do ‘Vilagarcía, Cidade de Libro’ celebrarase do 12 ao 18 de xuño cunha ampla variedade de actividades para todos os públicos

14 Xuño 2023

A 3ª edición do ‘Vilagarcía, Cidade de Libro’ desenvolverase do luns 12 ao domingo 18 de xuño cunha ampla variedade de actividades para todos os públicos e co epicentro na Praza da II República.

Carme Posadas, Juan Tallón e Carme Chaparro son os últimos autores que se suman á lista de participantes deste ano, na que figuran outras grandes firmas en distintos xéneros como Ian Gibson, Rayden, Rebeca Stones e Juan Arcones. Os escritores galegos estarán representados por María Solar, Andrea Maceiras, Manuel Portas e J.R. Alonso de la Torre.

Os autores e autoras invitadas firmarán libros, conversarán ao solpor e interactuarán co público. As temáticas de cada xornada serán variadas. Toma nota!

Luns 12 | “Infantil” Literatur | Inauguración da mostra “Entre leiras e labores” promovida polo CIM Vilagarcía.

Martes 13 | “Da música ao libro” | coa participación de Rayden que falará sobre o seu libro “El acercamiento de la mujer cactus y el hombre globo” e tamén sobre o rap como unha forma de expresión da nova poesía urbana.

Mércores 14 | “Camiños literarios” | Carmen Posadas e Manuel Portas conversarán sobre as súas traxectorias vitais e profesionais.

Xoves 15 | “Historias Literarias” | O autor irlandés e un dos estudosos máis importantes da historia española do século XX Ian Gibson conversará co xornalista afincado en Vilagarcía, J.R. Alonso de La Torre.

Venres 16 | “Con sentido e sensibilidade” | Rebeca Stones, Juan Arcones e Andrea Maceiras para afondar na literatura que fala dos sentimentos e do amor máis diverso.

Sábado 17 | “Un crime na vila” | Carme Chaparro, María Solar e Juan Tallón investigarán e desvelarán os misterios da novela negra, de misterio e policíaca.

Domingo 18 | “Érase unha vez…” | Xornada dedicada ao público familiar.

Non faltarán as casetas nas que atoparás a Libraría Vidal, Metrópolis Cómic Arousa, Follas Novas Arousa e Espazo Lector Nobel e o colectivo local A Mesa das Verbas contará cun espazo para difundir os seus traballo e o público infantil terá unha programación cun amplo abano de actividades lúdicas, culturais e de animación á lectura.


Está pasando!