A Universidade de Vigo súmase á celebración do centenario do Nobel portugúes coa organización do VII Congreso Internacional José Saramago ‘A herdanza filosófica e sociopolítica de José Saramago’

25 Outubro 2022

A Universidade de Vigo, a través da súa Cátedra Internacional José Saramago, súmase á celebración do centenario do premio Nobel José Saramago coa organización do VII Congreso Internacional José Saramago ‘A herdanza filosófica e sociopolítica de José Saramago’, organizado co apoio do Camões-Centro Cultural Português de Vigo, entre outras entidades que tamén queren sumarse a unha iniciativa coa que conmemorar esta efeméride.

A apertura do congreso -ás 11.00 horas no auditorio do Centro de Visitantes do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia- contará coa asistencia da presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; o presidente da I Cátedra Internacional José Saramago, Burghard Baltrusch, e o presidente da Fundaçao Eng.º António de Almeida, Augusto Fernando Correia de Aguiar-Branco.

A conferencia de apertura, ‘O Poder das Utopias – Desmontando códigos distópicos com José Saramago’, será ás 12.30 horas e correrá a cargo da profesora da Université Paris 8 Marcia Tiburi.


Está pasando!