A última sesión en liña sobre teatro e inclusión ‘Somos’, no marco das Residencias Cruzadas, celebrarase o luns 22 de febreiro

19 Febreiro 2021

A última das sesións en liña sobre teatro e inclusión ‘Somos’, no marco das Residencias Cruzadas, terá lugar o vindeiro luns día 22, en horario de 20.00 a 22.00 horas a través de https://falemos.xunta.gal/FORMACIONDIA22.

O acceso é de balde e non precisa inscrición previa (acceso directo ata completar a cabida da sala virtual).

Na coordinación desta actividade está Chusa Pérez de Vallejo, actriz, directora e pedagoga teatral con ampla experiencia no traballo con persoas con discapacidade.

Nesta ocasión participarán o recoñecido como mellor actor revelación nos premios Goya 2019 Jesús Vidal, e a directora artística e xestora cultural, Inés Enciso.

O programa será accesible para persoas xordas.

Está pasando!