Aberta a inscrición para participar nas actividades de balde de divulgación da riqueza dos parques forestais de Pontevedra

26 Xuño 2021

A Concellaría de Montes do Concello de Pontevedra mantén aberta a inscrición para participar nas actividades de balde organizadas para dar a coñecer os tres parques periurbanos de Pontevedra: Pontillón do Castro, Fracha e Tomba.

Trátase de divulgar as riquezas naturais e as posibilidades de esparexemento destes espazos situados a escasos quilómetros da cidade, amosando o ‘Espírito montuno’ dos participantes, lema da campaña escollida pola Concellaría de Montes para a promoción destes espazos de gran riqueza natural.

O programa de actividades inclúe obradoiros de creación artística, visionado de estrelas, observación de aves, rutas en bicicleta ou actividades de orientación nocturna; coñecer as entrañas das instalacións hidráulicas do encoro de Pontillón do Castro ou Geocoahing en familia. 

A programación da Concellaría de Montes está pensada tanto para nenos e nenas como para adultos ou para gozar en familia.

Aínda que todas as actividades son de balde, precisan de inscrición previa dado que as prazas son limitadas.

A inscrición pode facerse a través da páxina https://apuntate.pontevedra.gal/montes/ ou ben acceder a través da propia páxina dos parques forestais montes.pontevedra.gal



Parque Forestal da Fracha

Obradoiros de creación artística sobre arte e natureza

  • Datas: 26 xuño, e 24 e 31 de xullo
  • Horario: 11.30 h
  • Duración: 1,5 horas
  • Idades: a partir de 8 anos
  • Prazas: 12 nenos e nenas

Observación de aves forestais. Xornada de coñecementos da aves a través da súa observación e escoita. Percorrerase a un ritmo moi baixo os camiños do parque forestal para ir identificando sen ningunha presa todas as aves que se vaian detectando.

  • Datas: 26 de xuño, e 10 e 17 xullo
  • Horario: 09.00 h
  • Duración: 2,5 horas
  • Idades: a partir de 18 anos
  • Prazas: 12 persoas

Bicicleando. Roteiro guiado en bicicleta de montaña pola ruta laranxa do parque forestal da Fracha. Cunha lonxitude de 10,8 km e 360 m de desnivel positivo acumulado, farase un percorrido por este trazado, saíndo da área de lecer de Outeiro Navío e voltando á mesma.

  • Data: 27 de xuño
  • Horario: 11.00 h
  • Duración: 2,5 horas
  • Idades: a partir de 12 anos. Todos os menores deber asistir acompañados dunha persoa adulta responsable do mesmo (pai, nai ou titor legal).
  • Prazas: 30 persoas

Orientación nocturna. A orientación é unha actividade onde se combina o deporte, a aventura, o aire libre e a natureza. Actividade que se pode levar a cabo por calquera persoa coa finalidade de pasar un día agradable e san. Pódense facer andando e correndo, de forma individual ou en parellas.

  • Data: 16 de xullo
  • Horario: 22.00 h
  • Duración: 2,5 horas
  • Idades: a partir de 18 anos
  • Prazas: 26 persoas

Parque forestal da Tomba

Natureza e creatividade. A actividade natureza e creatividade consistente nunha acción artística efémera próxima ao land art que poñerá de manifesto a relación que se da entre as árbores e reforce a importancia destes seres vivos esencias para a vida dos seres humanos.

  • Datas: 3, 10 e 16 de xullo
  • Horario: 11.00 h
  • Duración: 1,50 h
  • Idades: 7 a 12 anos
  • Prazas: 8 nenos/nenas

Buscando o norte. A orientación con mapa é unha actividade moi divertida e completa que une o deporte coa natureza. Consiste en atopar unha serie de balizas (ou marcadores) dispostas sobre unha área determinada nunha contorna natural utilizando unicamente un mapa da zona e un compás.

  • Datas: 4, 11 e 18 de xullo
  • Horario: 10. 30 h
  • Duración: 3 horas
  • Idades: a partir de 8 anos
  • Prazas: 20 persoas

Mar de estrelas. Trátase dunha actividade de divulgación astronómica no exterior. A actividade estará composta por unha observación astronómica, empregando telescopios e simple vista, máis unha explicación do que se pode observar no ceo e unha explicación sobre os planetas e o sistema solar con maquetas.

  • Datas: 2, 9 e 16 de xullo
  • Lugar: A Tomba. Miradoiro do Torreiro
  • Horario: 23.00 h
  • Duración: 2 horas
  • Idades: maiores de 18 anos
  • Prazas: 20 persoas

Parque forestal do Pontillón

A procura do tesouro. Ganas de aventura na natureza e un smartphone é todo o que se necesita para practicar o Geocaching, a versión dixitalmente asistida do clásico xogo da procura do tesouro. Unha actividade orixinal que combina tecnoloxía, a actividade física e a capacidade de traballo en equipo ideal para practicar en familia.

  • Datas: 3, 10 e 24 de xullo
  • Horario: 10.30 h
  • Duración: 3 horas
  • Idades: a partir de 8 anos
  • Prazas: 20 persoas

Na boca do encoro. Visita ás instalacións hidráulicas do Encoro de Pontillón do Castro.

  • Datas: 31 de xullo
  • Idades: a partir de 18 anos

Como é a auga? 

  • Datas: 17, 24 e 31 de xullo
Está pasando!