Participantes en la IV Volta a Nado Illa de Tambo-Concello de Poio | Miguel Rúa

Abertas as incripciones para la quinta edición de la Volta a Nado Illa de Tambo

13 Marzo 2026

  • As inscricións para as tres distancias de 6 km, 4,5 km e 1 km poderán realizarse a través da web www.magmasports.es
  • O día anterior á proba organizarase unha visita guiada á illa coa navieira Mar de Ons con degustación de mexillóns a bordo dun catamarán para os nadadores e acompañantes

A Volta a Nado Illa de Tambo-Concello de Poio abriu hoxe venres as inscricións da V edición da travesía, que se celebrará o domingo 26 de xullo en Combarro cos tres percorridos de 1 km, 4,5 km e 6 km. As inscricións poderán realizars en magmasports.es ata o 21 de xullo.

A organización da proba, Atlantic Extreme Sport e o Concello de Poio, esperan reunir a máis de 300 nadadores de distintos puntos de España e estranxeiros, e será un dos eventos deportivos máis importantes que se celebrarán en Poio no verán.

A proba contará cos percorridos de 4,5 km e 6 km, que se celebrarán na contorna da illa de Tambo. Ademais, disputarase a distancia de 1 km, na que poderán participar nadadores a partir de 12 anos, que consistirá nun triángulo que se desenvolverá moi preto da Praza da Chousa, o que permitirá que a proba sexa seguida por numeroso público.

Participantes na IV Volta a Nado Illa de Tambo-Concello de Poio | Fran Alegre

La travesía a nado tiene como objetivos fomentar la natación entre los más jóvenes, consolidarse como una de las competiciones de natación en aguas abiertas más importantes que se disputan en España y poner en valor la riqueza natural, cultural, histórica y patrimonial de la isla de Tambo, uno de los enclaves más destacados de la ría de Pontevedra y cuya gestión pasó a manos del Concello de Poio en 2022.

La inscripción de la travesía a nado incluye: camiseta, gorro y bolsa conmemorativa, cronometraje electrónico, balizado, servicio de guardarropa, avituallamiento durante la travesía y en meta, asistencia médica, seguro de responsabilidad civil y de accidentes, apoyo con embarcaciones y kayaks, servicio de masajes en la meta, aperitivo al finalizar la travesía, premios y participación en el sorteo de material deportivo. La información de la prueba y el reglamento están disponibles en voltaanadoilladetambo.es.

La prueba de 6 km permitirá a los participantes dar la vuelta completa a la isla de Tambo, recorriendo el faro de Tenlo Chico y la playa de Adreirá, mientras que en el recorrido de 4,5 km los nadadores tendrán que ir hasta la playa de Area da Illa, situada al norte de Tambo. Allí habrá un control de paso obligatorio para todos los participantes de esta distancia. El neopreno será optativo en todos los recorridos, mientras que la boya de seguridad será obligatoria para los participantes de las pruebas de 4,5 km y 6 km.

Participantes na IV Volta a Nado Illa de Tambo-Concello de Poio | Miguel Rúa

As tres distancias serán cronometradas por chip electrónico a través da empresa Magma Sports, e os percorridos estarán balizados con boias para facilitar a orientación dos nadadores. Os participantes estarán acompañados por embarcacións pneumáticas, kaiaks e pádel surf. A organización contará co apoio de Protección Civil de Poio, Escola Naval Militar de Marín, Mariña Combarro, Club Náutico de Raxó, Nauta Sanxenxo e Garda Civil do Mar. En meta haberá unha ambulancia e médico para velar pola seguridade dos nadadores.

A saída e chegada das tres probas estará situada na céntrica Praza da Chousa, en Combarro, onde estarán situadas tamén as zonas de repartición de dorsais, avituallamiento, entrega de premios aos participantes e o servizo de masaxes a cargo da Asociación Galega de Masaxes (AGAMA).

A travesía a nado, organizada polo Concello de Poio e Atlantic Extreme Sports, conta co patrocinio da Deputación de Pontevedra, Ence Pontevedra, Supermercados Froiz, Abanca, Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, Vepersa e a navieira Mar de Ons, e a colaboración de Anfaco-Cecopesca, Area, Adegas Valmiñor, os restaurantes Tinta Negra, A Espuela e O Bocoi, Pádel Surf Sanxenxo, Club de piragüismo de Poio, 226ers, Asociación Vodea e Clubnatacion.com, entre outros.

Na pasada edición da travesía a nado participaron preto de 300 nadadores de 10 comunidades autónomas, Francia, Italia, Portugal e Noruega con idades comprendidas entre os 12 e 82 anos, e concedéronse un total de 40 premios.

Participantes na IV Volta Volta a nado Illa de Tambo-Concello de Poio | Fran Alegre

Visita guiada a Tambo e degustación de mexillóns

Paralelamente á travesía a nado, a organización da proba celebrará unha visita guiada á illa de Tambo o sábado 25 de xullo, o día anterior á competición, dirixida aos nadadores participantes e acompañantes co obxectivo de que coñezan a historia e o patrimonio natural e cultural da illa da man de guías especializados.

A visita, de tres horas de duración, partirá do porto de Combarro e inclúe un roteiro guiado a cargo da navieira Mar de Ons durante a cal os visitantes poderán percorrer a pé a illa situada na ría de Pontevedra e descubrir algúns dos restos que conserva, como a capela de San Miguel, o antigo lazareto, a polvoreira e o faro de Tenlo Chico, entre outros puntos de interese.

Unha vez finalizada a visita guiada, acudirán a unha batea de mexillóns para coñecer como é o seu proceso de cultivo e poderán degustar mexillóns ao vapor, veu e refresco a bordo. A saída do catamarán será ás 16:00 horas desde o porto deportivo de Combarro e o regreso ás 20:15 horas. Para participar na visita é necesario inscribirse previamente a través de voltaanadoilladetambo.es ata o 18 de xullo.

Beneficiario do VI Plan Social Ence Pontevedra

A V edición da Volta a nado Illa de Tambo-Concello de Poio resultou beneficiaria do VI Plan Social Ence Pontevedra 2025 na categoría de apoio ao deporte basee. Un total de 240 proxectos da comarca de Pontevedra, individuais, clubs e eventos deportivos foron beneficiarios da última edición do Plan.

Está pasando!