Abertas as inscricións para participar na 15K do Atlántico – Banco Mediolanum que se celebrará o 1 de outubro

13 Xullo 2023

Dende o 10 de xullo están abertas as inscricións para poder participar na 15K do Atlántico – Banco Mediolanum, un evento deportivo que terá lugar o 1 de outubro entre os Concellos de Oia, O Rosal e A Guarda con dúas modalidades de participación, mini 15k de 7,5km e 15k de 15km.

A prova cumpre a súa décima edición este ano e por iso a organización conta con novidades e sorpresas para todos e todas as participantes.

A primeira novidade é que para que poida participar moita máis xente, este ano haberá unha distancia intermedia de 7,5 km con saída e chegada en Portecelo (O Rosal). Amáis durante o percorrido contarase con animación a cargo de grupos e charangas.

Lembrar que a 15K do Atlántico ten un espectacular percorrido entre Oia e A Guarda, pasando polo Concello do Rosal, e bordeando sempre as augas do Atlántico, espectador de luxo deste evento deportivo.

A cita, que nesta ocasión será o 1 de outubro, foi medrando ano tras ano, superándose os 600 atletas chegados de toda Galicia, norte de Portugal e do resto da Península.

O evento, destinará un euro de cada inscrición á Asociación Española Contra o Cancro. Así mesmo, abrirase unha fila cero para poder doar cal tipo de cantdad a maiores á devandita asociación.

A saída será ás 11:00 horas desde o campo de futbol de Oia. A chegada será no porto da Guarda.

Oferta de lanzamento ata o 16 de xullo, inscricións en deporticket.com


Está pasando!